As agresións de fillos a proxenitores diminúen lixeiramente en Galicia con 211 casos en 2019

Un estudo mostra un descenso do 11,3% nos casos rexistrados en Galicia, mentres que en España soben un 4,6%.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/11/2020 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

O número de expedientes abertos a menores por violencia cara aos seus proxenitores en Galicia descendeu, en 2019, un 11,3% respecto ao 2018, segundo o estudo 'Violencia filio-parental en España. Datos 2019' publicado pola Fundación Amigó.

Coche da Policía Nacional.
Coche da Policía Nacional.

En 2019 rexistráronse en Galicia un total de 211 casos, fronte aos 238 do ano anterior. Se se desagregan os datos por provincias, resultan 87 na Coruña, 76 en Pontevedra, 28 en Ourense e 20 en Lugo.

A nivel estatal, os expedientes incoados alcanzaron os 5.055, 232 máis que en 2018, ano no que se rexistraron 4.823 casos, o que supón un incremento do 4,6%. Segundo os datos achegados pola fundación, este tipo de delitos supoñen xa o 17,8% do total dos expedientes abertos a menores de idade.

A fundación indicou que estas cifras só sinalan o "grave problema social" ao que se enfronta o país, xa que se estima que unicamente se denuncian os casos máis graves --entre un 10% e un 15% do total--.

Ademais, no estudo matizaron que as agresións puntuais, as que se producen nun estado de diminución da conciencia que desaparecen cando esta se recupera e os parricidios sen historia de agresións previas, exclúense do concepto de 'violencia filio-parental'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta