Ecos do Sur convoca un concurso de 'memes' pola diversidade e o respecto nas redes sociais

Enmárcase no proxecto 'CibeRespect LINK', que loita contra o odio e a desinformación nas redes sociais co apoio da Consellería de Política Social.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/11/2020 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

Dentro do proxecto 'CibeRespect LINK', que loita contra o odio e a desinformación nas redes sociais co apoio da Consellería de Política Social, a asociación Ecos do Sur convocou o I Concurso de 'memes' pola diversidade e o respecto nas redes sociais.

Concurso de Ecos do Sur.
Concurso de Ecos do Sur.

O obxectivo, explica a entidade, é promover "a reflexión e o activismo fronte aos discursos de odio, racistas e/ou xenófobos que se dispararon na contorna dixital durante o contexto de pandemia", pondo en circulación elementos de comunicación que alimenten o diálogo intercultural, a convivencia na diversidade, a conciencia crítica e a superación de prexuízos.

Para isto, as persoas participantes deberán enviar un 'meme' orixinal cuxo contido promova a acción -nas redes sociais e/ou nas rúas- contra o discurso de odio e a favor do respecto á diversidade cultural e étnica e aos Dereitos Humanos. Os 'memes' poden enviarse ata as 14,00 horas do luns 14 de decembro.

Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas residentes en Galicia, de 12 anos en diante, presentando ata cinco 'memes' orixinais en galego ou castelán. O ton e a técnica serán libres, e o contido debe enfocarse á loita contra os rumores, os prexuízos e o discurso de odio.

Para os premios, establécense tres categorías, unha para participantes de entre 12 e 17 anos, outra para 18 anos en diante e unha terceira para usuarios de Ecos do Sur.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta