Campaña no medio rural para promover o uso seguro do tractor

A previsión é chegar ao maior número posible de agricultores, gandeiros, traballadores forestais e todos aqueles que teñan relación coa utilización do tractor no campo galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2020 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

A Xunta puxo en marcha unha nova campaña, 'A túa vida sen voltas', para promover o uso seguro do tractor nos sectores agrario e forestal, e para reducir a cifra de accidentes neste vehículo.

A iniciativa foi deseñada pola Consellería de Emprego, a través do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, en colaboración co Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, co obxectivo de fomentar o uso seguro do tractor, o aumento do número de vehículos provistos de estrutura de protección e cinto de seguridade e a importancia de facer uso deles.

Con iso, preténdese conseguir a concienciación do sector primario mediante a formación e a información respecto ao risco de envorco e as súas consecuencias. A previsión é chegar ao maior número posible de agricultores, gandeiros, traballadores forestais e todos aqueles que teñan relación coa utilización do tractor no campo galego.

Así, para o desenvolvemento da campaña contouse tamén coa colaboración da Axencia da Industria Forestal (Xera), dos axentes sociais e das principais cooperativas galegas. A iniciativa inclúe a distribución de 600 carteis divulgativos e un documento técnico que tamén se pode consultar en formato dixital na web do Instituto: http://issga.xunta.gal.

Tractor con apeiro. UNIUNA DE LLAURADORS
Tractor con apeiro. UNIUNA DE LLAURADORS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta