Temas: AUGA SECA ENCOROS

Os encoros galegos están ao 54% da súa capacidade logo de perder 31 hectómetros durante a última semana

O Ministerio para a Transición Ecolóxica sinala que as precipitacións foron "nulas" en toda España durante a última semana.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2020 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

Os encoros galegos sitúanse ao 54% da súa capacidade tras perder 31 hectómetros de auga na última semana, segundo os datos publicados estes martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

En concreto, os da conca Miño Sil teñen 1.585 hectómetros tras perder 19 na última semana. Deste xeito, están ao 52,3% e sitúanse en valores por baixo da media do dez últimos anos.

Pola súa banda, os encoros das concas de Galicia Costa teñen 428 hectómetros cúbicos de auga, 12 menos que o pasado martes, un 62% da súa capacidade. Con estes datos, tamén presentan cifras por baixo da media da última década.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica sinala que as precipitacións foron "nulas" en toda España durante a última semana.

Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo
Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo

Temas: AUGA SECA ENCOROS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta