Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 27/11/2020 | Actualizada ás 18:19
O director da Escola de Especialidades Antonio de Escaño, Manuel Aguirre, informou de que esta institución se viu afectada por dous gromos de coronavirus. Un deles hai unhas semanas e que afectou a uns 50 mariñeiros do primeiro ciclo, mentres hai outro que está activo actualmente con tres infectados.
O feito de que houbese medio cento de positivos impediu que puidesen xurar bandeira co resto de compañeiros, polo que o acto pospúxose ata o 4 de dicimebre.
Así o asegurou o tamén capitán de navío durante un encontro telemático coa ministra de Defensa, Margarita Robles, que tivo lugar este venres, no que participaron diversos profesores e alumnos, así como persoal como os responsables de cociña e enfermaría.
"Temos actualmente un segundo gromo que aínda temos activo, que está limitado a tres sarxentos alumnos, que están en illamento, e que esperamos que se recuperen nos próximos días", explica. "Tal e como se recolle no plan anticovid están a recibir formación a distancia", agrega.
A ministra de Defensa mandou unha mensaxe de "moito ánimo" e "todo" o seu apoio "a aqueles alumnos que neste momento están neste gromo activo, esperando que o superen ben". Ademais, mostra a súa "alegría" polos que superaron o anterior.
"Ademais de ter que vencer o illamento se que ten preocupación polas súas familias, xa que moitas veces os alumnos cando están illados non están preocupados por eles, senón polo que pode estar a pensar a súa familia", sinala a ministra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.