Propoñen a contratación de técnicos en administración e documentación sanitaria como rastreadores

A proposta parte da Asociación de Técnicos Superiores Sanitarios de Galicia (Atessga).

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/11/2020 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

A Asociación de Técnicos Superiores Sanitarios de Galicia (Atessga) mantivo esta semana unha reunión coa directora xeral de Saúde Pública á que, entre outras cuestións, propuxeron a contratación de técnicos en administración e documentación sanitaria como rastreadores dos casos covid.

Punto COVID na Coruña
Punto COVID na Coruña | Fonte: Concello.

En concreto, segundo conta a asociación nunha nota de prensa, Atessga lembrou á representante autonómica a "existencia de dispoñibilidade nas listas de contratación do Sergas" de numerosos técnicos con esta cualificación, que "contan cun perfil profesional compatible con esa actividade.

A directora xeral, apunta, "foi moi receptiva", e "comprometeu a revisión desa posibilidade", mentres que Atessga comprometeuse a remitir a documentación relativa ao currículo formativo destes profesionais para poder avaliar a súa compatibilidade con esta actividade.

Por outra banda, en relación á utilización das farmacias como soporte para a realización de test de antíxenos, Atessga manifestou a súa preferencia pola "utilización" para este fin da "ampla rede de centros de saúde que drena a totalidade do territorio".

Así, propuxeron que os laboratorios de diagnóstico conten "cunha extensión dos mesmos, flexible en canto ao número de efectivos e horarios, nos propios centros de saúde, para facilitar a fase inicial de xestión de mostras biolóxicas e canalizar a distribución das probas de cabeceira".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta