Abre ata o 30 de decembro o prazo para inscribirse nos Premios de Publicidade en Galego

Os galardóns contemplan cinco premios nas categorías de radio, televisión, Internet, prensa escrita e outro para centros educativos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2020 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

O Parlamento galego, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e o Foro Enrique Peinador convocaron a XXVII edición dos Premios de Publicidade en Galego.

O prazo de inscrición e presentación de traballo terminará o 30 de decembro. Os premios entregaranse no primeiro trimestre de 2021 e consistirán nunha certificación e unha obra artística.

As bases contemplan a concesión de cinco premios nas categorías de: radio, televisión, Internet, prensa escrita e un extraordinario dirixido a proxectos elaborados por alumnos de centros educativos.

As catro primeiras categorías divídense en dúas modalidades, con premio á empresa anunciante e á axencia de publicidade que realizou o anuncio. Os galardóns recoñecen accións publicitarias entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019. A modalidade de alumno recoñecerá traballos do curso 2019-2020.

A convocatoria foi formalizada nunha reunión entre o titular da Cámara, Miguel Santalices; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González.

Presentación dos XXVII Premios de Publicidade en Galego. PARLAMENTO
Presentación dos XXVII Premios de Publicidade en Galego. PARLAMENTO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta