Activada a alerta laranxa por temporal para este xoves en todo o litoral galego

Diso informou nun comunicado remitido aos medios, no que sinala que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), indica que o fenómeno meteorolóxico adverso empezará ao mediodía na Mariña lucense e no noroeste e oeste da provincia da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2020 | Actualizada ás 20:54

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta activou para este xoves, día 3 de decembro, a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral galego.

Diso informou nun comunicado remitido aos medios, no que sinala que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), indica que o fenómeno meteorolóxico adverso empezará ao mediodía na Mariña lucense e no noroeste e oeste da provincia da Coruña.

Pola tarde estenderase á costa de Pontevedra e ao suroestedel litoral coruñés, con ventos do oeste ou do noroeste de forza sete ou oito, e mar combinado do noroeste con ondas de ata oito metros.

Por este motivo, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, así como aos clubs náuticos, entre outros.

Ondas, temporal, vento, litoral, Galicia, mar. EUROPA PRESS - Arquivo
Ondas, temporal, vento, litoral, Galicia, mar. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta