A Xunta sobre a expedición que busca bidóns radioactivos: "O Goberno ten que coñecer de onde, se é unha expedición francesa"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2025 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, insiste en que a Xunta non ten "ningún dato" sobre a expedición francesa que busca bidóns radioactivos fronte ás costas galegas. "Creo que o Goberno está para algo", criticou.

A preguntas da prensa este venres en Santiago, Vázquez sinala que o único que obtiveron é un escrito, por mor da súa petición de información, na que se lle responde que "non hai competencia do Goberno central nas augas internacionais", ademais de que nas análises en augas nacionais "non hai perigo ou que hai radioactividade mínima".

"Creo que o Goberno está para algo, por tanto, ten que coñecer de onde procede esa expedición, se é unha expedición francesa", di, así como "se isto parte de Europa e por que se está facendo". "O único que pedimos é información e poder tranquilizar á sociedade", conclúe.

Mentres, a expedición francesa continúa co seu traballo no que localizou uns 2.000 bidóns que foron depositados na fosa atlántica por diferentes países durante o século XX.

A conselleira de Medoi Ambiente, Ángeles Vázquez
A conselleira de Medoi Ambiente, Ángeles Vázquez | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta