Sorpréndeno circulando co carné retirado por terceira vez nun só mes

O home conta con "múltiples" antecedentes por infraccións na estrada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2020 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Tráfico sorprendeu a un condutor de 31 anos que ía ao volante a pesar de ter o carné suspendido ata xuño de 2023 por unha condena penal imposta por un xulgado de Barcelona. Trátase do terceiro episodio deste tipo que protagoniza o mesmo condutor en pouco máis dun mes.

Segundo detalla o Instituto Armado este xoves nun comunicado, o home conta con "múltiples" antecedentes por infraccións de seguridade viaria. Nesta ocasión foi localizado ao volante nun control de alcoholemia instalado o pasado 1 de decembro na AG-64 á altura de Narón (A Coruña). Nese momento, os axentes comprobaron que sobre o condutor pesaba unha sanción de 3 anos de suspensión da licenza para conducir vehículos a motor.

Con esta é a terceira vez que a Garda Civil detecta a este condutor ao volante en menos dun mes tras ser soprendido en distintas datas circulando en Santiago e Ortigueira. Así as cousas, o investigado deberá comparecer ante o xulgado de Garda de Ferrol para responder por un novo delito contra a seguridade viaria.

Control da Garda Civil na ponte de maio. GARDA CIVIL
Control da Garda Civil na ponte de maio. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta