O BNG lanza un vídeo para xustificar o seu 'non' aos orzamentos xerais: "PSOE e Podemos boicotearon a Galicia"

Son unhas contas que "boicotean e discriminan" a Galicia, din.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2020 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

O BNG lanzou un vídeo a través das súas redes sociais un vídeo no que condensa os seus argumentos para explicar o "non" aos orzamentos xerais do Estado, no que a voz protagonista é a da portavoz nacional, Ana Pontón. Son unhas contas que "boicotean e discriminan" a Galicia.

Momento do vídeo difundido polo BNG.
Momento do vídeo difundido polo BNG.

No vídeo difundido a través das redes sociais do BNG, lémbrase que a formación presentou máis de 200 emendas para mellorar as contas a favor dos galegos, pero "todas foron rexeitadas a pesar da vontade de diálogo e consenso" mostrado.

"Un reflexo de que antes o PP e agora PSOE-Podemos teñen asumido que deben negociar con Euskadi e Cataluña, pero consideran prescindible a Galicia", sinalou Pontón, que continúa afirmando: "PSOE-Podemos non están a boicotear ao BNG, están a boicotear a Galicia".

Os orzamentos inclúen unha "rebaixa histórica" nas peaxes da AP-9, que o BNG reivindica como "un logro importante pero insuficiente" nunhas contas que "discriminan a Galicia". De feito, Pontón advirte de que "son peores que as últimas de Rajoy", porque se perden 104 millóns de euros e cae o investimento por habitante, que pasa de 347 a 308 euros.

O BNG fíxase en que o Goberno "presume" de contas sociais, pero lembra que iso o é tamén para Andalucía, Aragón, Cataluña e Valencia, "que levan anos gozando do AVE, e que "aumentan ata un 57 por cento". Fronte a iso, as contas para Galicia caen un 11 por cento e soben partidas "tan sociais", ironiza, como a Casa Real ou o gasto militar.

"Non estamos para facerlle a vida máis cómoda ao presidente de quenda, estamos para mellorar a vida dos galegos e nese compromiso seguiremos traballando", concluíu Pontón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 Rui do

Patético intento de salvar la cara frente a su ignorante rebaño. Todo el mundo sabe que el BNG en Madrid y en Bruselas no es más que una sucursal de Bildu y ERC, apoyos fundamentales del gobierno del PSOE y que votan sistemáticamente contra Galicia. Pero Pontona y Anita Miranda seguirán viviendo muy bien en sus eternas poltronas. No saben hacer otra cosa.

1 Roídu

Pobriño, non te quere levar ninguén nas listas? Non será por saber demasié, hahaha! buena finde e beixos

5 Gamela

Sen que sirva de precedente aquí vos deixo unha entrevista con Nestor Rego realizada por unha televisión local INDEPENDENTE (económicamente) na que o deputado da UPG explica polo miudo como PSOE e Podemos votaron en contra de tódalas mocións menores para Galicia / http://www.hermesvigo.com/texto-dia... / O propio Nestor Rego non se explica tanta discrimación en relación a outros territorios, pois parece que non comprende que esa é o prezo do traballo da UPG contra a chamada "Unidade da Esquerda" en Galicia que logrou deixar fóra do Hórreo á UnidasPodemos ! Pablo Iglesias ten mal perder e Yolanda Díez é digna filla do seu pai (ou comingo ou contra min) ! Saúde e República (de papel) !

4 Luispepen

Moi coherente e moi valente. Ese é o partido o cal me representa. Eu tamen votaria que non, que nos empecen a respetar, E iso quere tempo.

3 Centroeuropeo

Un xesto coherente, mais inútil, como inútil é ter un só deputado de obediencia galega en Madrid. Por certo, non só PSOE e Podemos ningunean a Galiza, tamén o fan os "irmáns" do BNG. Eses mesmos que colocaron no posto 5 da lista de Agora Repúblicas Ana Miranda, que anda por aí asinando como europarlamentaria, aínda que na páxina oficial do PE non aparece tal. Galiza e/ou o BNG terán respeito cando teñan grupo parlamentar en Madrid, parlamentaria propia en Europa, etc.

2 Roi Breogán

A ver Anita Poltrona, o único voto do BNG non vale para absolutamente nada grazas aos vosos aliados de Esquerra e Bildu. Este video non é máis ca un lamentable "excusatio non petita, accusatio manifesta". Deixa de chorar.