O BNG non participará nos actos no Congreso polo Día da Constitución

Reclama soberanía para Galicia fronte á Carta Magna.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/12/2020 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

O deputado do BNG Néstor Rego non participará en ningún dos actos protocolarios organizados no Congreso dos Deputados con motivo do Día da Constitución, que se celebra este domingo 6 de decembro.

Os nacionalistas reclaman soberanía para Galicia fronte a unha Carta Magna que, segundo denuncian, "consagra unha monarquía anacrónica e corrupta, que limita dereitos democráticos esenciais e nega a existencia de nacións como Galicia e a súa capacidade para decidir de forma soberana".

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén durante unha sesión plenaria na Cámara Baixa, en Madrid
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén durante unha sesión plenaria na Cámara Baixa, en Madrid | Fonte: Europa Press

Deste xeito, o BNG considera fracasado o actual marco constitucional, "marcado pola corrupción da monarquía e das elites políticas e económicas e que actúa como corpiño que lastra o futuro do país".

Rego sostivo que o texto constitucional é esgrimido sistematicamente para coartar dereitos e liberdades públicas e, moi especialmente, para negar dereitos colectivos fundamentais como o de autodeterminación das nacións que forman parte do Estado.

"Galicia necesita ter capacidade de decidir por si propia de maneira soberana como única forma para poder desenvolverse plenamente desde o punto de vista social, económico, político e cultural para poder mellorar a calidade de vida e o benestar de todos os galegos", indica.

Con todo, censura que a Constitución negue "rotundamente" esa posibilidade e "condene" a Galicia á "dependencia e marxinación permanente". "É necesaria a ruptura co réxime constitucional español para avanzar en democracia e en benestar", sinala.

O BNG destaca que o problema é a dependencia política establecida por unha Constitución que propicia un deseño centralista. "Está demostrado, canto máis centralismo, máis desigualdade. Fronte a iso, a resposta é confiar nas nosas propias forzas", recalcou Rego, que asegurou que a solución aos problemas de Galicia non chegará de Madrid.

Por último, criticou que, no momento no que está a ser máis cuestionada a institución monárquica, Felipe de Borbón asuma claramente posicións "concomitantes coa ultradereita e o ultraespañolismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Muxe

E por iso voto BNG con máis gañas ca nunca. España é a nosa ruina e cómprenos rachar con ela ou imos á desfeita total. Ben por Rego e moi orgulloso da miña nación galega. E para os trols desleigados ispañistañís: ide pra Castela que é ancha...

1 Muxo

Hai que rachar con España e votas por unha forza política sipaia coma o BNG cuxos líderes viven todos de España? Menuda empanada.

2 Gamela

Lendo estas palabras semella que estou a escoitar os discursos de Paco Rodríguez (56 anos dicindo o mesmo é moi cansino!) especialmente cando acabamos de ver como outras nacións sen Estado están a sacar tallada do centralismo oportunista do Goberno Sánchez-Iglesias (agás o BNG que sempre ten que dar a nota!) // Repúblicas de Papel á parte, cicais Nestor Rego poda comezar a súa "independencia" resolvendo algún problema concreto... https://twitter.com/00Gamela/status... Outro día falamos da Constitución

1 Gamela

Agora que xa pasou o Día da Constitución teño unha pregunta para vosés... Especialmente para o Camarada Rego a ver se é quén de responder sen darnos outro panfleto da UPG como resposta: España é un Estado Social e Democrático de Dereito ? https://twitter.com/00Gamela/status... Saúde e República (pero non de Papel) !

1 Antimentireiros

Hipocresía máxima de Néstor el upegallo. Por esa constitución disfruta de un jugoso sueldo y de todas las prebendas de sus señorías.

1 Mentiras Non

Non é verdade, goza dese soldo porque así o quixemos 120.456 galegxs que estamos, entre outras cousas, en contra desa constitución. Bo domingo