Os alugueres seguen subindo en Galicia malia a "contracción" do mercado pola pandemia

Galicia foi a terceira comunidade autónoma na que máis aumentou o prezo do aluguer respecto ao ano pasado, segundo 'pisos.com'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2020 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

Galicia foi a terceira comunidade autónoma na que máis aumentou o prezo da vivenda de aluguer respecto ao ano pasado, segundo 'pisos.com'. Así, a vivenda en Galicia en novembro de 2020 tivo unha renda media de 610 euros, o que supón un 1,82% menos que no mes de outubro.

No conxunto do Estado, o prezo medio do aluguer situouse nos 985 euros para un piso dunha superficie media de 108 metros cadrados no mes de novembro, practicamente a mesma cifra que o mesmo mes do ano anterior (-0,1%), segundo o informe mensual de prezos de aluguer de pisos.com.

Respecto ao mes de outubro, o descenso foi do 0,81%. Por rexións, as máis caras para vivir de aluguer en novembro foron Madrid (1.656 euros ao mes), Baleares (1.409 euros) e Cataluña (1.314 euros), mentres que as rendas máis económicas déronse en Estremadura (455 euros), Castela-A Mancha (531 euros) e Galicia (610 euros).

No penúltimo mes do ano, o incremento máis rechamante rexistrouse en Andalucía (+7,95%), mentres que o axuste máis avultado deuse en Madrid (-7,48%). O director de estudos de pisos.com, Ferran Font, apuntou que o aluguer "está a asumir máis rapidamente a contracción do mercado provocada pola crise sanitaria que a venda porque falamos de operacións que se pechan en días, non en meses, como pasa coa compravenda".

Segundo o portavoz, aínda que moitos propietarios prefiren ter a casa baleira antes de baixar o prezo, outros moitos son conscientes de que a capacidade económica dos inquilinos non está ao mesmo nivel que antes da pandemia. Ademais, Font cre que "a urxencia por alugar" tamén inflúe, polo que aqueles cuxas finanzas dependan deste ingreso, tenderán a realizar axustes, mentres que os que non teñen présa, manterán as rendas conxeladas.

Doutra banda, o experto pensa que a ampliación na solicitude dos préstamos ICO ata maio de 2021 foi "un alivio" para os inquilinos máis vulnerables. Neste sentido, explicou que a oferta de aluguer residencial incrementouse debido, entre outros motivos, ao transvasamento desde o aluguer turístico ou por medio dos pisos herdados por falecementos de pacientes Covid.

No entanto, considera que "estes activos non colaboran ao incremento do parque de aluguer alcanzable" e que para iso é necesaria a colaboración público-privada.

Antigo edificio de Fenosa. MAREA ATLÁNTICA - Arquivo
Antigo edificio de Fenosa. MAREA ATLÁNTICA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta