Alertan que un parque eólico apoiado pola Xunta ameaza zonas “esenciais” para frear o cambio climático

Ecoloxistas en Acción pide paralizar o proxecto eólico de Maragouto por situarse, ademais, "a escasos metros" das poboacións locais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Nova denuncia contra un parque eólico que conta co visto bo da Xunta de Galicia. A plataforma Ecoloxistas en Acción vén de poñer o foco sobre o macroparque de Maragouto, planificado sobre unha extensión “con hábitats prioritarios” que abrangue partes dos concellos ourensás de Outes e Mazaricos. A organización verde pide á Xunta que paralice o proxecto porque, de acordo cos plans, estes asentaríase “directamente enriba dunha braña”, un espazo “esencial” na loita contra o cambio climático.

Parque eólico de Greenalia en Miñón (A Coruña). GREENALIA
Parque eólico de Greenalia en Miñón (A Coruña). GREENALIA

O impacto do proxecto, por riba, atinxiría tamén aos habitantes da zona; que segundo destacan os ecoloxistas quedarían situados "a escasos metros" dos aeroxeradores. En concreto, os datos técnicos do proxecto revelan un parque conformado por 12 torres de grandes dimensións, circunstancia que a plataforma cualifica de "falla de respecto" ás comunidades locias. "A Xunta segue permitindo a instalación de aeroxeneradores a escasos metros dos núcleos urbanos e as vivendas das familias creándolles unha afección severa polo ruído das pas", resumen.

Esta problemática, que ao ver dos ecoloxistas consiste nunha "vulneración" dos seus dereitos constitucionais, únese así ás xa amentadas problemáticas medioambientas. Sempre de acordo coa versión da formación verde, o macroparque de Maragouto estenderíase ao longo da conca do río Beba, enmarcado na conca do Xallas. O parque proxecto aséntase así, defenden, sobre unha zona húmida "con hábitats prioritarios".

8 PARQUES EN 5 QUILÓMETROS

Esta área, "regada por multitude de ríos e fontes", serve como hábitat de diversas especies de interese prioritario que, por riba, vense "amparadas pola protección reforzada da Directiva de Hábitats". Por esta mesma razón demandan á Xunta que paralice o proxecto eólico e, en suma, que "actualice e revise o Plan Sectorial eólico de Galicia", que tildan de "norma inválida" "ao non incoporar nin integrar na súa planificación a actual normativa ambiental e paisaxística".

Ecoloxistas en Acción lembra que dentro dos 5 km da contorna do proxecto hai 8 parques eólicos; catro deles en fase de tramitación e outros catro en explotación. Esta "acumulación e concentración" de parque eólicos e das infraestruturas asociadas correspondentes ás liñas de evacuación "agravarán o impacto visual, a fragmentación dos hábitats, a perda da biodiversidade e o impacto acústico", segundo defenden.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta