Pontón tras a sentenza do TC sobre a bandeira española: "Perseguese á democracia"

Denuncia o "recorte" en liberdade de expresión tras o fallo do Constitucional sobre a ultraxe á bandeira.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 16/12/2020 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, denunciou o "recorte na liberdade de expresión" en España tras a sentenza do Tribunal Constitucional que cualifica como delito as ultraxes á bandeira e que non os inclúe, por tanto, como liberdade de expresión.

A preguntas dos xornalistas, tras un encontro co sector cultural na cidade herculina, asegurou que se trata dunha cuestión que debería "preocuparnos a todos os que defendemos a democracia".

"Hai un comportamento e decisións por parte do Tribunal Constitucional que non teñen parangón na Unión Europea", lamentou Pontón. Ademais, argumentou que "nunha democracia na que se persegue a liberdade de expresión, o que se persegue é a democracia".

Imaxe do sobre coa bandeira de España no que vai o voto de Vox
Imaxe do sobre coa bandeira de España no que vai o voto de Vox | Fonte: ultimahora

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta