A Xunta permite a saída dos maiores das residencias só unha vez e por un tempo de máis de cinco días

O protocolo elaborado pola Xunta dita que terán que estar nun único domicilio e cun grupo familiar estable. Á volta, faráselles proba PCR.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2020 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

O protocolo de medidas elaborado pola Consellería de Política Social para este Nadal establece que os usuarios das residencias de Galicia só poderán realizar, como máximo, unha saída do centro durante este período, e por un periodo de máis de cinco días. Nese tempo deben permanecer cun grupo familiar estable e terán que facerlle unha proba PCR antes de volver.

Un traballador protexido é visto por un dos cristais da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei en Lugo, Galicia (España), a 8 de setembro de 2020. A Xunta interveu o xeriátrico tras detectar 99 positivos máis en covid-19, 94 de e. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Un traballador protexido é visto por un dos cristais da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei en Lugo, Galicia (España), a 8 de setembro de 2020. A Xunta interveu o xeriátrico tras detectar 99 positivos máis en covid-19, 94 de e. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo


En concreto, o documento recomenda, como mellor opción, que os usuarios non abandonen as residencias durante estas celebracións, para evitar contaxios. Con todo, se é necesaria unha saída familiar, establécese un máximo dunha en todo o período de Nadal e que se programe "cunha duración mínima de cinco días".

A estancia "debe restrinxirse a un único domicilio familiar" e o grupo co que vaia estar o residente debe comportarse como un núcleo de convivencia estable, evitando interaccións con outras persoas. Do mesmo xeito, recomendan o uso da máscara sempre que sexa posible. De regreso ao centro residencial, someteráselles a unha proba PCR, ou ben test de antíxenos, como máximo 48 horas antes de volver, unha enquisa epidemiolóxica e toma de constantes antes de regresar.

Os usuarios que saian deberán permanecer durante sete días ao seu regreso nunha habitación preferentemente individual, onde non poñan en risco a outros internos, con vixilancia de sintomatoloxía e extremando as medidas de prevención en zonas comúns. Estas medidas non serán de aplicación en persoas que desen positivo en covid-19 no últimos tres meses.

En caso de calquera síntoma ou sospeita, o residente deberá permanecer no grupo de convivencia familiar e se se detecta un positivo no ámbito da familia, comunicarase "de forma urxente". Se se detecta un brote no centro de orixe, o usuario non poderá regresar ata a súa resolución.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta