Os galegos seguen a gastar unha media 66€ en Lotaría de Nadal malia a crise económica

É un euro máis que a media estal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2020 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

Cada galego gastará este ano 66,45 euros de media en décimos para o Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal que se celebrará este martes 22 de decembro. Así, os galegos superan en case un euro a media estatal, fixada en 65,66 euros, un total de 2,82 euros menos que en 2019, segundo a cifra de consignación por habitante da Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado (SELAE).

Esta cantidade é estimativa xa que o dato será definitivo cando se reciban as devolucións de boletos non vendidos durante a campaña deste tradicional sorteo. O ano anterior, a consignación por habitante previa foi de 68,48 euros de media. Deste xeito, os máis de 65 euros de gasto por persoa corresponden ás estimacións de venda que fai SELAE á hora de enviar os boletos ás administracións de lotaría, aínda que máis tarde sempre hai unha proporción de décimos que quedan sen vender.

Por rexións, a comunidade autónoma que previsiblemente máis vai gastar por habitante este ano é Castela e León, cunha media de 102,15 euros, seguida de Asturias (94,80 euros), A Rioxa (92,49 euros), Aragón (90,56 euros), Cantabria (82,84 euros), Comunidade de Madrid (77,34 euros), País Vasco (77,09 euros), Comunidade Valenciana (73,96 euros), Castela-A Mancha (72,18 euros) e Galicia (66,45 euros).

Mentres, segundo os datos recolleitos por Europa Press, os que menos van gastar este ano son novamente os habitantes das cidades autónomas de Melilla (14,68 euros) e Ceuta (16,39 euros), seguidos dos de Baleares (38,70 euros), Canarias (41,07 euros), Andalucía (52,07 euros), Cataluña (52,66 euros), Estremadura (54,75 euros), Navarra (55,19 euros) e Murcia (63,25 euros).

Respecto das distintas comunidades autónomas, onde máis Lotaría de Nadal se vai vender previsiblemente é en Madrid (515,3 millóns de euros consignados), seguida de Andalucía (438 millóns de euros), Cataluña (404,1 millóns de euros), Comunidade Valenciana (370 millóns de euros), Castela e León (245,1 millóns de euros), Galicia (179,3 millóns de euros), País Vasco (170 millóns de euros), Castela-A Mancha (146,7 millóns de euros) e Aragón (119,4 millóns de euros).

Pola contra, os que menos Lotaría de Nadal teñen consignada son Melilla e Ceuta con 1,2 millóns de euros e 1,3 millón de euros, respectivamente, A Rioxa (29,2 millóns de euros), Navarra (36,1 millóns de euros), Baleares (44,4 millóns de euros), Cantabria (48,1 millóns de euros), Estremadura (58,4 millóns de euros), Canarias (88,4 millóns de euros), Murcia (94,4 millóns de euros) e Asturias (96,9 millóns de euros).

Lotaría de Nadal. Eduardo Parra - Europa Press
Lotaría de Nadal. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta