Seis positivos entre 2.700 persoas analizadas en dous cribados en Santa Comba e Negreira

Tamén se realizou un cribado en Carnota, que contou coa participación de 840 dos 1.135 citados, isto é, o 74% do total, aínda que non se facilitaron os resultados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2020 | Actualizada ás 16:04

Comparte esta noticia

Os equipos da área sanitaria de Santiago e Barbanza levaron a cabo senllos cribados para a detección de casos asintomáticos en Negreira e Santa Comba, nos que se analizou a case 2.700 persoas detectándose seis positivos en covid-19.

En concreto, segundo informaron fontes da área sanitaria, das 1.274 persoas citadas para o cribado de Negreira, participaron 893, isto é, o 70%. Neste caso, non se detectou ningún positivo.

Así mesmo, en Santa Comba, acudiron ao cribado 1.802 persoas das 2.900 citadas, o 62%. Neste municipio detectáronse seis positivos.

Finalmente, tamén se realizou un cribado en Carnota, que contou coa participación de 840 dos 1.135 citados, isto é, o 74% do total, aínda que aínda ou se facilitaron os resultados.

PCR. JCCM
PCR. JCCM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta