O Fabril gaña 4-2 e achégase ao ascenso

O Celta B non pasa do empate en Barreiro ante un Arenas Club con moito oficio, e xogarase o ascenso en Getxo.

Por gcdeportes | A Coruña | 23/06/2013 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

Visto o de Riazor, sufrirá o Fabril o próximo sábado en Málaga, a onde viaxará cun 4-2 no marcador. E iso que no minuto sete xa gañaba 2-0, os dous de Luis Fernández. Co resultado a favor, baixou a garda, e El Palo empatou: Antonio no 10’ e Nacho no 39’.
No medio dos dous goles visitantes, a xogada polémica: o árbitro non sinalou un penalti claro sobre o dianteiro deportivista, a quen lle sacou un cartón amarelo por finxir.
Aínda houbo tempo para outro gol, o terceiro de Luis Fernández para o Fabril. Foi pouco antes do tempo de lecer.
Na segunda metade, o dominio do Fabril foi case total e tivo moitas ocasións para marcar. Pero o único gol, mediado o tempo, foi obra de Álvaro Lemos. O árbitro tivo que suspender uns minutos o partido polo fume dunha bengala do Riazor Blues. Ao final, 4-2, resultado perigoso xa que 2-0 ou 3-1 deixaría sen ascenso ao Fabril. A volta será o próximo sábado.

Celta B e Arenas loitan por un balón dividido.
Celta B e Arenas loitan por un balón dividido. | Fonte: Diego Pérez

Empate do Celta B

En Barreiro, o filial céltico empatou 0-0 aínda que dominou por completo a un rival moi duro, o Arenas Club. O ascenso decidirase pois o póximo sábado en Getxo. O Celta B puxo moita vontade e tivo ocasións, pero non foi quen de marcar. O Arenas, con moito oficio, levouse para o País Vasco un inmerecido empate que deixa a eliminatoria aberta. Foi na primera mitad, a mellor dos vigueses, onde os locais mereceron máis o gol. Na segunda metade, o Arenas aínda se encerrou máis, cometendo moitas faltas para trabar o xogo dos célticos. Deste xeito, o Celta B quedou sen o premio que merecera. 

Ficha técnica

Celta B: Rubén Blanco, Kevin, Víctor Vázquez, David Costas, Maceira, Levy Madinda, Antón, Santi Mina (Félix, 73'), Aitor, David Añón (Marcos Torres, 79') e Camochu (Thaylor, 86').

Arenas Club: Txemi, Gurtu, Pereda, Ramos (Ollora, 56'), Alzola, Txopi, Imanol (Jonan, 81'), Zumalakarregui, Goiría, Rober (Requejo, 79') e Murci.

Árbitro: o castelán Gijón Peñas. Amonestou a Maceira (Celta) e Ramos, Pereda, Gurtu e Goría polos visitantes.

Campo: Barreiro, máis de 2.000 afeccionados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta