Un catamarán navegou case dous meses sen tripulación ata encallar en Malpica

Foi atopado case desfeito preto de Punta Nariga.

Por Galicia Confidencial | Malpica | 24/12/2020 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

Un catamarán apareceu este xoves encallado nunha zona rochosa de Punta Nariga, en Malpica. Trátase dunha embarcación que levaba case dous meses navegando sen tripulación e chegou a Galicia desde Portugal arrastrado polas correntes do Atlántico.

Catamarán encallado en Punta Nariga, en Muxía
Catamarán encallado en Punta Nariga, en Muxía | Fonte: remitida

Nun primeiro momento pensouse que podería haber naúfragos, feridos e mesmo mortos, polo que Salvamento Marítimo mobilizou o helicóptero Helimer e deu aviso á lancha da Cruz Vermella de Laxe.

Pero tras comprobar a matriculación da embarcación descubriron que se trataba dun catamarán que levaba á deriva case dous meses tras un incidente en Portugal no que os servizos de gardacostas lusos rescataran aos tripulantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta