Condenan ao Concello de Avión por "discriminar" salarialmente os seus traballadores de emerxencias

A CNT asegura que no Concello “parecen empeñados en seguir dilapidando os fondos públicos" para pagar un gabinete de avogados e "non recoñecer aos traballadores e traballadoras o mínimo que lles corresponde”.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/12/2020 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Repítese o caso dun golpe xudicial contra un concello galego pola situación laboral dos seus traballadores. O último episodio desta longa listaxe vén de ter lugar no municipio ourensán de Avión, onde o consistorio vén de ser condenado por “trato discriminatorio” aos traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal. Así o sinala a CNT, que estivo implicada no proceso legal que vén de resolverse de xeito favorable para as demandas dos traballadores.

Traballadores de emerxencias traballan na extinción dun incendio
Traballadores de emerxencias traballan na extinción dun incendio | Fonte: UME.

A “discriminación" acreditada polo Xulgado de Ourense radicou en que, en palabras do sindicato, o Concello non aboada uns trienios a todo o persoal do grupo de emerxencias, senón só a unha parte. A suba salarial, explican dende a formación sindical, “comezará a ser abonada dende a próxima nómina”. Nela irán recollidas tamén os atrasos endebedados, xa que a sentencia conta con carácter retroactivo.

O fallo desta semana únese así ao litixio legal do pasado mes de marzo, no que o Concello se viu obrigado a facer fixos aos traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal. Segundo a CNT, a sentencia serviu para demostrar “a fraude na contratación pública destes empregados do sector de emerxencia”. O sindicato asegura que dende “o consistorio parecen empeñados en seguir dilapidando os fondos públicos no pagamento dun Gabinete de avogados para non recoñecer aos traballadores e traballadoras o mínimo que lles corresponde de xeito legal”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta