Sancionadas o 25% das persoas paradas en controis contra o covid este sábado

Realizaronse 800 controis de seguridade en todo o país.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2020 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

Os máis de 800 dispositivos de seguridade despregados por Garda Civil e Policía o sábado no territorio galego deixaron un total de 192 propostas para sanción por incumprimentos das medidas de seguridade en Galicia.

Diso informou este domingo a Delegación do Goberno en Galicia, que cifra en 9.411 persoas e 3.329 vehículos os inspeccionados polos axente de Policía Nacional e Garda Civil que despregaron 818 controis na xeografía galega. A maior parte das sancións correron a cargo das patrullas da Garda Civil, que formularon 130 polas 62 dos efectivos da Policía Nacional.

As tarefas de control centráronse nas zonas de aglomeración de persoas, lugares de lecer e áreas de concentración de negocios de hostalaría. O delegado do Goberno, Javier Losada, destacou que as infraccións descubertas representan o 2% do total de inspeccións levadas a cabo, o que interpreta como unha mostra do compromiso da cidadanía, á que convida a continuar deste xeito durante o que resta de festas do Nadal.

Un axente da Garda Civil nun control policial na entrada á cidade de Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press
Un axente da Garda Civil nun control policial na entrada á cidade de Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta