Pontevedra xestionará directamente o Pazo da Cultura 20 anos despois

O Concello aproba disolver o organismo do Pazo da Cultura, que dende 1998 tiña control sobre as instalacións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2020 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Pontevedra aprobou este luns a disolución do organismo autónomo Pazo da Cultura, que xestionaba estas instalacións desde o ano 1998. A disolución tiña que materializarse antes do 31 de decembro. Unha vez que foi aprobada pola corporación, o Pazo e o Teatro Principal pasan a formar parte dos servizos propios do Concello, segundo se contempla no plan estratéxico para o ámbito cultural en Pontevedra, deseñado pola concellaría que dirixe Carmen Fouces.

A medida aprobouse cos votos do goberno local, BNG e PSOE, mentres que o PP votou en contra polas "formas inadecuadas" coas que se levou a cabo esta disolución, "anunciándoa á prensa antes de informar á oposición". Na sesión plenaria tamén se aprobou por unanimidade unha modificación da ordenanza que regula a actividade dos 'furanchos' no municipio.

A iniciativa partiu da Federación de Furancheiros, Loureiros e Viticultores de Pontevedra, que reclamaron un cambio na normativa para que estes establecementos poidan ampliar o seu período de apertura de forma excepcional ata o 31 de xullo.

Pazo da Cultura de Pontevedra
Pazo da Cultura de Pontevedra | Fonte: www.pazodacultura.org.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta