A Xunta explica que derrubou a vella estación de Ourense antes de ter a nova para "evitar okupas"

A intermodal estará lista para febreiro de 2021, segundo Ethel Vázquez, que recoñece que o aparacadoiro tardará algo máis en chegar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2020 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, explicou que a estación intermodal de Ourense "estará pronto finalizada", e espérase que estea lista "a principios de febreiro de 2021". Ademais, indicou que a Xunta xa adxudicou a explotación para o próximos cinco anos, pero lamentou que o aparcadoiro "sufriu atrasos" e, por tanto, non se poderá empregar ese mesmo mes.

A pesar diso, aseverou que se trata da primeira intermodal galega posto que a de Santiago de Compostela non se espera antes do mes de marzo, "por problemas na adxudicación da explotación" que carrexou, aínda que xa está en obras. Ademais, quixo facer fincapé en que "Ourense será a entrada da alta velocidade a Galicia, unha vez que chegue", polo que "a intermodal ten unha gran importancia".

Respecto da destrución da actual estación de autobuses sinalou que se efectuou para liberar o espazo para a construción dunha residencia da terceira idade e tamén "para evitar 'okupas' ou outras actividades non desexadas na zona". Así asegurou "lamentar as molestias" que polo momento supoñen as marquesiñas temporais pero afirmou que "valerá a pena".

Feijóo e Ethel Vázquez nunha reunión telemática. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
Feijóo e Ethel Vázquez nunha reunión telemática. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Guhtyw

Os okupas. O novo comodín. Valen para xustificar calquera cousa.

1 Raúl

Pois vendo o que pasou na Praza de Abastos, case que lle dou a razón ó señor Feijóo. A residencia non pode esperar 10 anos se se meten alí okupas.