O BNG denuncia "ameazas" do alcalde de Castrelo de Miño (PP): "cruzou a feira para encarase cun militante"

Avelino Pazos chegou ao poder no mes de agosto logo dun caso de transfuguismo. Na moción de censura resultou deposto, precisamente, o alcalde do BNG.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Máis de 4 meses despois, Castrelo de Miño regresa á fronte da actualidade política por mor da súa alcaldía. Faino despois de que, o pasado agosto, este municipio ourensán saltara ás planas dos xornais por un caso de transfuguismo que permitiu a Avelino Pazos (PP) arrebatarlle o bastón de mando a Esteban Suárez (BNG). O proceso que recibiu duras críticas, repetiuse en varios concellos ourensáns nese mes de agosto.

Avelino Pazos, alcalde de Castelo de Miño polo PP
Avelino Pazos, alcalde de Castelo de Miño polo PP | Fonte: Twitter

O Concello volve estar de actualidade, en fin, por mor dunha escena supostamente protagonizada polo 'popular' Avelino Pazos na derradeira edicicón da feira mensual do Concello, que tivo lugar o pasado domingo 27. Segundo denuncia o BNG, o alcalde --que eles tachan de "ilexítimo"-- proferiu entón ameazas contra un ex-conselleiro municipal da formación nacionalista, Alfredo Fernández.

"AMEAZA EN PLENA RÚA"

A "ameaza" "en plena rúa" teríase producido no domingo, cando "o ilexítimo, e agora tamén impresentable" alcalde "cruzou a feira para increpar, encarar e ameazar ao militante do bloque". O escena, que segundo o BNG foi "para sorpresa" de Fernández e tamén dos veciños alí presentes, foi calificada de "penosa" por parte do mesmo partido; que uns meses atrás perdeu a alcaldía.

"O ilexítimo alcalde, tras ameazara a un veciño e ex-concelleiro do BNG, amosou a carencia de valores e de educación que ten para ocupar un posto político, e, sobre todo, para presentar ao noso pobo e a nosa xente", subliñaron. A mostra de repulsa do partido recibiu o apoio de varios membros do área ourensá do partido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta