Temas: XUNTA PRENSA DATOS

Ampliado ata xuño de 2021 o cartón moedeiro para familias vulnerables

Seguirá tendo unha vixencia máxima de 9 meses.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2020 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

O Goberno da Xunta aprobou este martes ampliar ata xuño de 2021 o programa de cartón moedeiro para que familias vulnerables adquiran bens de primeira necesidade, aínda que esta prestación continuará cunha vixencia máxima de nove meses. Na rolda de prensa posterior á última reunión do ano do Executivo galego, o presidente, Alberto Núñez Feijóo, concretou que isto suporá un desembolso de 26,5 millóns de euros por parte da Administración autonómica. Ata o momento, segundo os datos ofrecidos por Feijóo, emitíronse máis de 16.000 destes cartóns, con contías de entre 150 e 300 euros que se recargan "mes a mes".

Supermercado antes da pandemia. EUROPA PRESS - Archivo
Supermercado antes da pandemia. EUROPA PRESS - Archivo

Temas: XUNTA PRENSA DATOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta