Feijóo sae en defensa da Coroa de España e do seu "imprescindible papel unificador"

A loita contra a pandemia e "as familias que choran aos seus seres queridos" centran a Translación do Apóstolo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2020 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

A loita contra a pandemia do coronavirus e o recordo a "as familias que choran aos seus seres queridos" centrou a cerimonia de Translación do Apóstolo Santiago ás portas do inicio do Ano Santo Xacobeo 2021. Tamén a Monarquía Española e o seu cuestionado papel tiveron eco no discurso que deu o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, tras pasar revista ás tropas.

Translación do Apóstolo. ANA VARELA
Translación do Apóstolo. ANA VARELA | Fonte: Europa Press

O acto comezou no interior da Catedral co 'botafumeiro', que levaba sen funcionar desde xaneiro de 2019 debido ás obras realizadas na igrexa. Na súa ofrenda como delegado rexio, Núñez Feijóo, que fixo referencia á "reinauguración" da Catedral hai poucos días, aproveitou o seu discurso para "subliñar o imprescindible papel unificador da Coroa de España, recoñecido pola Constitución como monarquía parlamentaria".

Feijóo, que volve exercer este papel despois de tres anos en que se ocupou del o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, apelou á "harmonía" para "superar desafíos como o exposto pola pandemia" da covid-19.

"Foi o ano que se despide un tempo amargo, dominado pola tristeza e o temor. Moitos foron os seres queridos, amigos, achegados e compatriotas cuxa vida foi arrebatada. Moitos os hospitalizados e os que sufriron a enfermidade. Pero tamén foi o ano no que a humanidade recobrou a súa auténtica dimensión", destacou.

Neste sentido, valorou o labor de sanitarios, asistentes sociais, coidadores, axentes, militares, profesores, mensaxeiros, vendedores e tamén o traballo científico de numerosos investigadores que "logra que este final de ano veña marcado polo signo da esperanza, e non polo do pesimismo".

"DESAFÍO MORAL E ÉTICO"

A continuación, na homilía, o arcebispo compostelán, Julián Barrio, destacou que "a distancia social aconsellada" para facer fronte á crise humanitaria e sanitaria "acrecentará a proximidade do corazón". "Este é hoxe o noso desafío moral e ético, como o foi para os contemporáneos do apóstolo Santiago que recoñeceron en Cristo a presenza de Deus", subliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta