Detectan de madrugada furgonetas contratadas polos Franco levando obxectos da casa Cornide

Defensa do Común pide que se vixíe a vivenda para evitar un novo espolio como o de Meirás.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 30/12/2020 | Actualizada ás 16:08

Comparte esta noticia

Defensa do Común denuncia que a familia Franco segue espoliando bens de Casa Cornide. Así, remitiu varias fotografías de furgonetas alquiladas saíndo de madrugada deste inmoble propiedade dos Franco.  Nos últimos días tamén se viu a algún vehículo semellante levando obxectos de Casa Cornide, pero en horario diurno, o que motivo a crítica de entidades e partidos políticos. Por iso, agora a familia Franco prefire mandar as furgonetas de noite.

Furgoneta saíndo da Casa Cornide de madrugada
Furgoneta saíndo da Casa Cornide de madrugada | Fonte: Defensa do Común

Causa do Común remitiu un escrito á Subdelegación do Goberno comunicando as "facilidades" de que está a dispor a familia Franco para retirar obxetos da vivenda, "coa permisividade e indiferencia, conscente ou inconscente, das organismos competentes". 

Defensa do Común considera "inmprescindíbel" a vixiancia da Casa Cornide para evitar a retirada de obxetos do seu interior, tal como se fixo no seu día co Pazo de Meirás. "Non fai falla unha escrupulosa contabilidade de casos para comprobar  até que ponto chega a insaciabilidade da familia Franco", denuncia.

Por iso, confía en que as autoridades competentes asuman o seu papel para impedir o expolio dun ben público, mentres o inmóbel no se catalogue como BIC. En caso contrario, advirten, a plataforma cívica constituída no seu día para a defensa do común, presentará a preceptiva denuncia no Xuzgado correspondente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta