Situarmos Pardo Bazán

O proxecto da Xunta de Núñez Feijóo de sobrancear a atención á Pardo Bazán nos contidos futuros do Pazo de Meirás afasta a súa reconciliación coa cidadanía coruñesa e galega que financiou a medio da violencia e intimidación franquistas a merca da propiedade para llela doar ao ditador.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 03/01/2021

Comparte esta noticia

Ningúen pode dubidar da máxima relevancia da Dª Emilia na historia da literatura castelá, da importancia da súa abondosa e variada biblioteca ou do seu protofeminismo,  moito máis vencellado á igualdade no acceso á cultura e educación das mulleres ca ao recoñecemento dos seus dereitos políticos ou familiares (divorcio, etc.). A súa ideoloxía política, abertamente reaccionaria, non lle impediu integrar as achegas estilísticas do naturalismo ou as ideas pedagóxicas de Giner de los Rios, chegando ser  unha sobranceira  intelectual de dimensión europea. Mais…

Emilia Pardo Bazán
Emilia Pardo Bazán

Mais Dª Emilia adoptou escollas políticas evidentes, ben afastadas dos principios liberais, democráticos e galeguistas do noso Rexurdimento, como afirman os profesores Xosé Antón Fraga (último director do Instituto Cornide de Estudos Coruñeses) e Helena Miguélez Carballeira, profesora na universidade de Bangor (Gales). Fraga ven de nos lembrar que a Pardo Bazán opta conscientemente polo carlismo tanto na versión insurreccional de 1873 canto no tradicionalismo pactista de 1886, sen por iso ´deixar de refugar sempre, dende 1873 até a súa morte no 1921, dos principios do liberalissmo democrático e do parlamentarismo. Pola súa banda, Miguélez Carballeira contrapón o clasismo e elitismo cultural da fidalga coruñesa e a súa dependente e subordinada de Galicia e das clases medias e populares co fondo vencellamento de Rosalía na cultura popular e na idea de xustiza social e do seu home, Murguía, no protagonismo político e cultural das clases medias na emancipación dunha Galicia dona de seu e actuante por si na Europa e no mundo.

Afondando nesa  idea subordinada de Galicia, Pardo Bazán defendeu o carácter dialectal do galego  e a súa validez limitada á poesía intimista e ás manifestacións folklorizantes do país, defendendo a exclusividade do castelán canto á produción científica e a literaria con arelas universalistas.

Os méritos da Pardo Bazán non poden agachar a indubidábel parcialidade política e cultural do plan de Núñez Feijóo para agachar a memoria democrática, recreando unhas ideas políticas e culturais-as de Dª Emilia-ben afastadas da mellor tradición liberal e democrática do pensamento galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.