Aparecen sen vida dúas persoas no interior dunha vivenda de Vilagarcía

A Policía baralla un tema de drogas como posible causa das mortes.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 06/01/2021 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

Os corpos sen vida de dúas persoas, un home e unha muller, foron achados na tarde deste mércores no interior dunha casa situada en Carril, no municipio pontevedrés de Carril. Os axentes da Policía Nacional investigan as circunstancias do suceso, aínda que as primeiras hipóteses apuntan a que as mortes poden deberse a unha sobredose.

Segundo informou o 112 Galicia, foron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 os que informaron o falecemento sobre as 17,00 horas deste mércores. Ante iso, o persoal do 112 pediu a intervención dos axentes da Policía Nacional para tratar de aclarar as circunstancias do suceso. As primeiras indagacións indican que a morte podería estar relacionada cunha sobredose, un extremo que confirmaron fontes coñecedoras do caso consultadas por Europa Press.

Axentes da Policía Nacional.. EUROPA PRESS - Arquivo
Axentes da Policía Nacional.. EUROPA PRESS - Arquivo

INTOXICACIÓN POR MONÓXIDO DE CARBONO

Por outra banda, tamén en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) unha muller resultou ferida tras intoxicarse con monóxido de carbono no interior dunha vivenda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta