Un motorista grave tras chocar contra unha máquina agrícola en Arzúa

O home foi trasladado de urxencia ao hospital de Santiago.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2021 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

Unha colisión entre unha moto e unha máquina agrícola, ocorrida á primeira hora da mañá deste luns en Arzúa, deixou un home de 46 anos ferido que tivo que ser trasladado ao Hospital Clínico de Santiago.

Os feitos ocorreron pouco despois das 6,00 horas na Avenida de Santiago, segundo informa o 112 Galicia. Unha das testemuñas do suceso relatou como o motorista necesitaba axuda médica urxente.

Así, os xestores da central de emerxencias puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias-061, dos Bombeiros de Arzúa e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Ademais, o 112 avisou á Policía Local e aos membros de Protección Civil do municipio.

Pola súa banda, o 061 mobilizou ata o lugar unha ambulancia asistencial de soporte vital básico e dous de soporte vital avanzado, así como persoal sanitario da PAC de Arzúa. Finalmente, o home foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago.

Tractores labrando un campo
Tractores labrando un campo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta