Sem Fronteiras, un novo programa de viaxes que une o Norte de Portugal con Galicia

A Radio e Televisión de Portugal e a Televisión de Galicia unen os seus esforzos para ofrecer á sociedade galega e portuguesa coñecemento sobre a cultura de ambos lugares para mostrarnos a forte conexión entre Galicia e Portugal.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2021 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

A Radio e Televisión de Portugal, xunto coa Televisión de Galicia, estrea o vindeiro 17 de xaneiro unha nova serie de viaxes para unir o Norte de Portugal e Galicia no que a presentadora portuguesa Beatriz Gosta dará a coñecer as distintas terras galegas e o presentador galego Javier Varela viaxará polo norte de Portugal para dalo a coñecer á sociedade galega.

Paisaxe dunha corredoira no Courel
Paisaxe dunha corredoira no Courel

O programa, que se emitirá a partir do 17 de xaneiro todos os domingos ao redor das 12:30 da mañá (hora portuguesa) na RTP, terá 12 capítulos. E en cada capítulo se visitarán dúas localidades, unha portuguesa e outra galega. 

O programa recorrerá paisaxes e terras tanto do norte de Portugal como de Galicia "destacando as tradicións, a cultura, a gastronomía, as festas e, sobre todo, a xente", sostén Beatriz Gosta. Os dous presentadores descubrirán os mellores lugares e compartirán coa xente do seu país "o que máis lles gustou, o que lles sorprende e o que lles transmitiu ese lugar".

"É a búsqueda dunha portuguesa e dun galego, que intercambian os seus países de orixe en busca do que lles une e o que lles separa", explica José Amaral, director general da produtora  corresponsable desta producción, a SPI, xunto junto coa RTP, a produtora galega M Internacional Audiovisual e a TVG.  "O norte de Portugal e Galicia teñen unha forte conexión. Nunca entendeuse ata hoxe como empezou unha e terminou a outra", dixo.  

Paisaxe Reserva Xures Geres. SERGEI GUSSEV, DO CCBY - Arquivo
Paisaxe Reserva Xures Geres. SERGEI GUSSEV, DO CCBY - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 J9QJ

Nunca sentín que houbera unha "conexión forte" con Portugal. 1000 anos de fronteira fixeron nacións distintas.

1 Akribéstaton

Será que o senhor não mora na Galiza, ou é intelectualmente limitado, ou apenas mais um falsário.