Novas medidas no transporte público: ventilar, máis limpeza entre viaxes e evitar interactuar e gritar

O DOG publica dúas novas medidas de prevención no transporte público co fin de frear a expansión da Covid-19.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2021 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

O transporte público é un dos sectores que, a partir do vindeiro 15 de xaneiro, contará con máis medidas de prevención ante a expansión do coronavirus, tales como ventilación e limpezas obrigatorias e recomendacións como "evitar condutas" tales que interactuar ou gritar durante os desprazamentos.

Estas novas medidas por escrito no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 7 de xaneiro, e que recolle Europa Press, chegan nun momento no que, en todo caso, as autoridades sanitarias pediron limitar ao máximo a mobilidade e só realizar desprazamentos por motivos esenciais e xustificados.

De feito, esta mensaxe de evitar desprazamentos, que aparece recolleita no DOG, tamén foi especialmente remarcada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen aínda que rexeitou un confinamento para Galicia, si chamou a cumprir as medidas e recomendacións de limitar reunións ou encontro sociais (aínda que estean permitidos) e mobilidade, porque de seguir estes criterios a situación epidemiolóxica terá un mellor comportamento.

MEDIDAS NO TRANSPORTE

Nesta liña, o DOG incorpora unha orde con novas medidas fronte ás que estaban en vigor no transporte público. Concretamente, engádense dous puntos novos no apartado de medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución do covid-19.

Ata este momento, estaban vixentes, e seguirán tamén a partir do 15 de xaneiro, estes dous apuntamentos: durante a duración do traxecto, cando sexa inferior a dúas horas, as persoas usuarias non poderán consumir alimentos no interior dos vehículos ou embarcacións e deberán, igualmente, e na medida do posible, evitar consumir bebidasconversar ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes.

Ademais, tras as novas incorporacións ao decreto que entran en vigor, as empresas concesionarias terán que procurar "a máxima ventilación do vehículo, sen recirculación do aire, mantendo as xanelas abertas sempre que non sexa produzan correntes de aire" e realizarase como mínimo unha limpeza diaria, empregando produtos e procedementos previstos no plan de limpeza e desinfección".

Bus, autobús, plan de transporte. XUNTA - Arquivo
Bus, autobús, plan de transporte. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta