A provincia da Coruña comeza a notar a presión da covid: sete mortos nas últimas 24 horas

En total foron nove os falecidos, cinco máis que o sábado.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/01/2021 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

A provincia da Coruña comeza a notar xa o incremento da presión hospitalaria pola covid e, de feito, é a que máis mortes está a rexistrar por mor da pandemia. Só nas últimas horas faleceron sete pesoas. Delas, dous homes de 74 e 85 anos no Chus de Santiago. Tamén faleceron outras dúas persoas, unha muller de 84 e un home de 88 no Chuf de Ferrol que este sábado tivo que derivar pacientes covid ao Lucus Augusti de Lugo polo aumento da presión hospitalaria.

Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa
Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa | Fonte: Miguel Riopa - Remitida por Povisa.

No Chuac da Coruña tamén faleceron un home de 94 anos e unha muller de 93 e no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee un home de 92. Tamén morreu unha muller de 78 anos no Chop de Pontevedra e outra de 89 anos no Chuvi que procedía da Residencia Paz y Bien de Tui. Todos eles tiñan patoloxías previas.

Con estas nove vítimas son xa 1.512 os falecidos pola covid en Galicia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta