Anova e o BNG dialogan sobre as europeas

Por Galicia Confidencial | Santiago | 10/07/2013 | Actualizada ás 23:18

Comparte esta noticia

Unha representación da Executiva Nacional do BNG, formada polo portavoz nacional, Xavier Vence, polo secretario de Organización, Bieito Lobeira, pola secretaria de Implantación e Estratexia Municipal, Goretti Sanmartín, polo secretario de Comunicación, Xosé Antonio Rubal e polo secretario de Acción Social, Rafael Vilar, mantivo esta tarde un encontro cunha delegación de Anova, constuída por Xosé Manuel Beiras, Luís Eyré, Antón Sánchez e Carlos Meixome. 

Beiras e Yolanda Díez valoran os resultados de AGE
Beiras e Yolanda Díez valoran os resultados de AGE

As dúas forzas recoñecen boa sintonía. Dende ANOVA constatan que existe unha grande coincidencia na análise, diagnose e valoración do estado de crise económica, social e política, froito da agresión do capital financeiro contra a maioría social

Pola banda da fronte explícase que "os representantes de ambas formacións coincidiron na necesidade de establecer marcos de colaboración que permitan avanzar na unidade de acción das forzas nacionalistas galegas co obxectivo de dar resposta á grave situación pola que está a pasar o país e que tanto o BNG como Anova identifican nas súas análises".

Pode este diálogo plasmarse nunha candidatura común de cara as eleccións europeas? Anova presentouse, e tivo moito éxito, ás eleccións galegas canda Esquerda Unida. O Bloque non pactará con EU, por ser unha forza estatal. Isto sitúa a ANOVA diante da posibilidade de escoller socio.

Ningunha das dúas forzas dá moitas pistas sobre unha posíbel reencontro. O BNG defende como "necesaria" unha candidatura de unidade nacionalista que "garanta a defensa dos intereses do país.  ANOVA é aínda máis prudente na súa valoración do "intercambio de información sobre o abano de posturas que barallan ambas formacións sobre as eleccións europeas."

O profesor e líder do BNG Xavier Vence
O profesor e líder do BNG Xavier Vence | Fonte: amaneiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

6 Xaquín

Son votante de ANOVA, e perderán o meu voto se se presentan xunto co BNG. O meu e seguro que moitísimos mais.

1 ssss

Xaquin non somos todos iguais, agardo que non teña que votar por Beiras pras europeas mentras non devolvan as actas roubadas, para un servidor son uns traidores.

5 vigues

Que ben reflexa a noticia a debilidade do bng! Eles van co xeneral o mando e os de anova mandan o que colle os recados. Con estes dous grupos imos de cu.

1 Vicente Rojo

Xeneral será, mais que teña mando en praza está por ver.

4 Spidercan

O discurso de Beiras e máis xente, no fondo, intuimos todos, que vén dado polo gran complexo de inferioridade dunha grande parte da sociedade galega. Daí a xuntanza con IU. E daí, suponho que entre outras cousas,o gran resultado electoral. Iso sí, disfrazado de que hai que se xuntar toda a esquerda e patatín, patatán. Que poida ser que tenha parte de razón. Pero que diga claramente o que hai de certo nestas reflexións.

1 Spidercan

Si até o presidente da RAG é do PC ou próximo e fala castelán ás veces para non parecer pailán, entendoo todo moito melhor. Entendo a Beiras electoralmente.

2 Ameneiro

Se a túa análise fose correcta, dis que o que teria que fazer unha forza soberanista é ter posicions maximalistas en contra "dese sentir maxoritario" sendo unha forza residual ou tentar aproveitar iso para producir un xiro soberanista?

3 Spidercan

Ameneiro. Non o sei. Sei que ANOVA desbloqueou ao fin a FPG. Por tempo e ganas non era. Era unha clara inxustiza de quen se cre que é o oráculo de delfos (o BNG de antes, non sei dagora). Pero tenho as minhas dúvidas con todo.

4 Ameneiro

A miña é que a coalición electoral ten mais que ver con tres factores: Un chama-se 3%, o outro que a vella garda do BNG de ANOVA, acollonou-se por se non tiñan representación; e por último que essa coalición xa levava funcionando decenios en Cangas sen que nen o BNG, nen os independentistas sacaran a metade de bilis da que sacan agora.

5 Ameneiro

Confundin-me o 3% co tope do 5% para entrar no Parlamento.

3 Shin Chan

O BNJá sempre foi, é e será un partiducho cata-vento (veleta). Esta é a única verdade e Xavier Vence o seu profeta (temporal).

1 vilegovil

O desterrado Shin Chan cata-vento-co-cú. sentimentos si, resentimentos para o lumpemprobetariado ou nenos probetas da modernidade de non os pises que levan chanclas e parachuvas de dúas parroquias.

2 Bautista do Unto

Agora ao BNGuai xa lle valen os do Unto?

1 ssss

O unto xa vai reseso e apodrece,