Logo do frío chega un temporal que deixa xa ventos que pasan dos 130kh

Os puntos máis afectados son zonas da costa luguesa e coruñesa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2021 | Actualizada ás 09:34

Comparte esta noticia

A entrada dun temporal de vento e choiva que afectará Galicia durante os próximos días deixa xa refachos de máis de 130 quilómetros por hora en puntos da costa coruñesa.

Todo o litoral galego permanece este mércores en aviso amarelo pola previsión de ondada e forte vento, unha alerta que se elevará o xoves ao grao laranxa. Así, os medidores de Meteogalicia captaron nas primeiras horas deste mércores refachos de vento que superan os 130 quilómetros horas en puntos da costa luguesa e coruñesa.

O máximo da xornada ata o momento foi en Penedo do Galo --Viveiro (Lugo)-- con 139,8 quilómetros hora rexistrados ás 07,20 horas.

En Vimianzo, en concreto na Gándara, o vento tamén alcanzaba valores similares cos 132,2 quilómetros hora captados ás 01,50 horas, mentres que en Punta Candieira --Cedeira (A Coruña)-- rozáronse os 130 quilómetros horas tamén nas primeiras horas da madrugada deste mércores. Ademais do temporal na costa, o interior da provincia de Pontevedra tamén se atopa en aviso amarelo pola previsión de fortes precipitacións durante as próximas 12 horas.

Forte ondada na costa de Ribadeo coa chegada do temporal Bella
Forte ondada na costa de Ribadeo coa chegada do temporal Bella | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta