Política Social conta ter inmunizado a persoal e usuarios de residencias en pleno incremento de contaxios

Sobre a posibilidade de visitas, lembrou que agora, coas restricións fixadas polo comité clínico, só é posible "unha semanal" coas saídas restrinxidas "o máximo posible".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/01/2021 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, manifestou que o obxectivo da Xunta é ter a finais deste mes inmunizado a persoal e usuarios de residencias, con excepción daqueles centros con casos positivos.

Neses, dixo, haberá que esperar "a que as persoas maiores negativicen" para proceder días despois á súa vacinación, sinalou a preguntas dos xornalistas coincidindo coa firma dun convenio coa Fundación Meniños.

Por outra banda, pediu ás traballadoras e traballadores "un último esforzo ata que estean o 100% plenamente inmunizados". "Somos conscientes de que pasaron meses moi difíciles", manifestou a conselleira, que enxalzou o seu "traballo intenso" neste tempo.

Sobre a posibilidade de visitas, lembrou que agora, coas restricións fixadas polo comité clínico, só é posible "unha semanal" coas saídas restrinxidas "o máximo posible". No entanto, indicou que cando estean todas as residencias inmunizadas "procederase da man da Consellería de Sanidade a esa revisión de todas as medidas".

RESIDENCIA DE CRECENTE

En canto á situación no centro Casa A nosa Señora de Fátima e Cristo Rei de Crecente, cun brote que afecta a 28 das súas usuarias tras recibir a primeira dose da vacina, explicou que xa se trasladou ao mesmo persoal de Sanidade e Política Social e que se comprobou que se están aplicando "correctamente os protocolos".

Por outra banda, expuxo que se fará "un seguimento constante" e adoptaranse "todas as medidas que sexan necesarias no momento que corresponde". "Sabemos ben todos que é un virus que entra en todos os lados e que afecta con maior virulencia a persoas maiores ou con discapacidade", sinalou a conselleira.

Sabina Salvado recibe a súa dose de vacina contra a covid-19 nunha residencia de Teo (A Coruña) / XUNTA. / Europa Press
Sabina Salvado recibe a súa dose de vacina contra a covid-19 nunha residencia de Teo (A Coruña) / XUNTA. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta