Un estudo evidencia as desigualdades do alumnado con autismo, moi escaso na ESO

A investigación da Confederación Autismo España carga contra a información achegada polas comunidades autónomas: "non permite xerar unha imaxe precisa da situación".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2021 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

Un estudo da Confederación Autismo España detecta grandes desigualdades entre comunidades autónomas para o alumnado que padece Trastorno do Espectro do Autismo (TEA). O obxectivo do estudo foi analizar a realidade do alumnado con TEA e identificar as necesidades, prioridades, barreiras e facilitadores que inciden na súa educación.

Ribeira estre pictogramas adaptados para persoas con autismo
Ribeira estre pictogramas adaptados para persoas con autismo | Fonte: amicos.org

O informe, denominado O alumnado con trastorno do espectro do autismo en España. Análise da distribución autonómica e dos modelos educativos existentes, céntrase na situación do alumnado con TEA nas etapas educativas de educación obrigatoria e inclúe información sobre as distintas fórmulas educativas que existen nas distintas comunidades autónomas para dar resposta ao alumnado con autismo.

O estudo analizou os datos estatísticos dispoñibles a nivel estatal e autonómico en relación ao número de estudantes con TEA identificados e amosou uns resultados: "O estudo demostra que a información achegada polas comunidades autónomas en relación co alumnado con TEA non permite xerar unha imaxe precisa, axustada e realista da situación do colectivo no país".

Neste sentido, a Confederación lamenta que "existe unha enorme disparidade de criterios nos diferentes territorios á hora de recompilar e categorizar a información relativa ao alumnado con TEA, así como tamén unha gran variabilidade nos datos dispoñibles en relación cun mesmo período de tempo".

DATOS DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

No entanto, os datos recollidos polas comunidades autónomas ofrecen tendencias similares ás que recollen as estatísticas estatais elaboradas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Na etapa de Educación Secundaria, as cifras de alumnado no espectro do autismo identificado son significativamente máis baixas. Isto pode relacionarse coas dificultades para a detección ou o acceso ao diagnóstico, coa alta vulnerabilidade e risco de fracaso escolar ou abandono temperán do sistema educativo, e co paso da educación ordinaria cara á educación especial ao finalizar a educación primaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta