A Xunta responde ás protestas do persoal investigador de Galicia anunciando novas axudas científicas

Convoca novas axudas á etapa postodoctoral tras denunciar os investigadores que se estaba "desmantelando" o sistema de investigación pública en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2021 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

A Xunta convocou, a través do Diario Oficial de Galicia, as axudas á etapa postdoctoral da modalidade B (establecemento e consolidación dunha liña de investigación propia), dirixidas a persoal investigador en organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema de I+D+i galego.

Investigadores da UVigo
Investigadores da UVigo | Fonte: UNIVERSIDADE DE VIGO

Unhas axudas que chegan logo de que o colectivo Asemblea de Investigadoras de Compostela alertara do "desmantelamento do sistema de investigación pública en Galicia" ante a próxima publicación das convocatorias predoutorais e posdoutorais (iniciación e continuación) da Xunta de Galicia para o 2021.

Denunciaban "o retroceso" na convocatoria de axudas á etapa de formación posdoutoral, ademais de criticar a cancelación da convocatoria de 2020 que, segundo o colectivo, "deixou no paro e provocou un baleiro de oportunidades por centos de investigadores de Galicia", e sinalaron que a de 2021 "non cobre o número de axudas equivalentes á suma das convocatorias de 2020 e 2021".

A Xunta responde agora con esta convocatoria de axudas conxunta entre a Consellería de Cultura e a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, dotada con preto de 2,5 millóns de euros para 24 contratos, "o que supón un reforzo orzamentario do 14,3% e tres contratos máis con respecto á última convocatoria", indica.

Estes contratos --cuxo prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de febreiro-- forman parte, segundo a Xunta, dos programas de apoio á formación predoutoral e postdoctoral do Goberno Galego, que este ano alcanza un importe de 17,65 millóns de euros (un 5% de crecemento) e un total de 175 contratos, o que supón a convocatoria de maior envergadura realizada ata agora en Galicia para estes dous programas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta