A Xunta intervén a residencia Quercus de Leiro tras pasar de 27 a 68 residentes contaxiados en 24 horas

O Goberno galego ten xa intervidos outros centros desde que comezou esta terceira onda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2021 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A Xunta interveu a residencia Quercus do municipio ourensán de Leiro, que acumula 68 usuarios contaxiados e outros 15 traballadores con enfermidade activa.

A decisión da Administración autonómica adóptase tras o incremento de casos rexistrado nas últimas horas, que pasaron de 27 a 68 residentes con coronavirus en só 24 horas. Deste xeito, as consellerías de Sanidade e Política Social asumen a xestión do centro para "garantir a calidade asistencial" e "a correcta protección" de usuarios e traballadores.

Así as cousas, un equipo de Política Social atópase desde a mañá deste venres na residencia para realizar un seguimento permanente dos residentes e velar pola correcta aplicación das medidas preventivas. Pola súa banda, os profesionais do Sergas vixiarán a prestación da atención sanitaria precisa.

Con estes datos e a falta de coñecer o balance diario de casos nas residencias de maiores, a residencia Quercus atópase entre os xeriátricos máis afectados pola pandemia e súmase a outros centros xa intervidos pola administración.

Un traballador sanitario totalmente protexido traslada unha padiola nas inmediacións dunha residencia de anciáns
Un traballador sanitario totalmente protexido traslada unha padiola nas inmediacións dunha residencia de anciáns | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta