A área da Coruña alberga 7.600 portadores da Covid despois dunha análise das súas augas residuais

A conclusión vén logo dunha análise da EDAR de Bens que recolle augas residuais de Oleiros, Cambre, Culleredo, Arteixo e A Coruña.

Por E.P. | A CORUÑA | 22/01/2021 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

Os datos do estudo CovidBens, proxecto de investigación consistente en analizar a carga viral presente nas augas residuais e lodos da depuradora de Bens para coñecer a evolución real da pandemia, estima que hai a día de hoxe 7.600 portadores do virus na Coruña e a súa área.

Así o informa o consistorio coruñés nun comunicado no que a alcaldesa, Inés Rey, cualifica de "moi preocupantes" estes datos polo que insta á cidadanía a evitar os contactos sociais e restrinxilos só aos conviventes.

O informe apunta ao número de portadores de coronavirus (sintomáticos e asintomáticos) nos concellos que viertensus augas residuais á Edar Bens (Oleiros, Cambre, Culleredo, Arteixo e A Coruña).

"O incremento dos contaxios é moi precoupante e grazas a este proxecto podemos anticiparnos aos brotes dúas semanas antes que os datos clínicos, atendendo á información que se desprenden das augas residuais", asegura Rey.

SISTEMA DE ALERTA

CovidBens tamén funciona como sistema de alerta temperá, de tal forma que pode adiantarse ata dúas semanas con respecto aos datos sanitarios, "servindo para detectar un brote, explica a alcaldesa e presidenta do consello de Edar Bens.

O proxecto, que se realiza desde abril de 2020, céntrase en coñecer a evolución da pandemia e determinar o número de persoas portadoras do coronavirus SARS-CoV-2 na área metropolitana da Coruña, cuxos case 400.000 habitantes verten as súas augas residuais á depuradora.

Análise de augas residuais da Edar de Bens para o estudo do Covid. BRUNO AREA - Arquivo
Análise de augas residuais da Edar de Bens para o estudo do Covid. BRUNO AREA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta