A Asobal ofrece ao Academia Octavio a praza do Atlético de Madrid

O club vigués, que descendeu a tempada pasada, ten de prazo esta semana para decidir se acepta competir na División de Honra do balonmán na 2013-14.

Por gcdeportes | Vigo | 16/07/2013 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

No derradeiro partido da tempada 2012-2013, o Academia Octavio perdeu a categoría na última xornada na pista do Huesca. Con táboas no marcador, foi a pola vitoria, sen saber que co empate lle chegaba para salvarse. Acabou perdendo o partido, e descendendo. Pero a semana pasada, un dos históricos do balonmán, o Atlético de Madrid, anunciou a súa desaparición polas débedas: case un millón de euros. Abríase unha porta para os de Vigo.

Plantel do Academia Octavio na tempada 2012-13.
Plantel do Academia Octavio na tempada 2012-13.

Agora, a Asobal (Asociación de Clubes Españoles de Balonmano), organizadora do campionato, ven de ofrecerlle ao Academia Octavio a posibilidade de competir a tempada 2013-2014 na máxima categoría. O club vigués, segundo fontes da mesma Asobal,
ten de prazo esta semana para decidir se acepta ou non a proposta.

“Haberá que valorar a posibilidade con moita calma e a cabeza fría, porque o equipo que estamos a facer é para División de Honra B”, asegurara o adestrador do Octavio, Quique Domínguez, cando se abriu a porta tralo anuncio da desaparición do Atlético de Madrid.

Se o Academia finalmente renunciase, a praza do Atlético de Madrid ofreceríaselle ao Palma del Río, colista o pasado ano, ou ao Bidasoa de Irún, que perdeu o play-off de ascenso.
O ofrecemento ao Academia chega a pesar de que o presidente da Asobal, Eduardo Coll, era partidario de reducir o número de equipos na liga de 16 a 15. A comisión de seguimento, formada pola propia Asobal, a Federación Española e a Asociación de Xogadores, impuxo a súa idea de ofrecer a praza aos vigueses.

Se o Academia sae na Asobal, habería dous equipos galegos, xunto ao Cangas do Morrazo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta