Toda Galicia exposta a altos niveis de gas radón

O territorio galego é o máis exposto no Estado a este gas radiactivo, segundo se observa no primeiro mapa que utiliza métodos estatísticos para delimitar as zonas máis expostas ao radon, presentado por científicos da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) e o Consello de Seguridade Nuclear (CSN).

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/07/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Case a totalidade do territorio galego está exposto ao radon. Así se observa no primeiro mapa que delimita as zonas do Estado máis expostas a este gas radiactivo, que é a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaquismo. De feito, este gas é responsable do 25% das mortes por este cancro en Galicia, cuxo territorio está considerado área de alto risco.

Primeiro mapa que delimita as zonas do Estado máis expostas ao gas radon
Primeiro mapa que delimita as zonas do Estado máis expostas ao gas radon | Fonte: UNED

O mapa foi elaborado por científicos da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) e o Consello de Seguridade Nuclear (CSN). Trátase da primeira carta que utiliza métodos estatísticos para delimitar as zonas da Península con maior risco de exposición a radón, onde hai unha porcentaxe significativa dos edificios con niveis superiores a 300 Bq/m3 (becquerelios por metro cúbico de aire).

Os autores explican nun artigo publicado en 'Journal of Radiological Protection' que se trata do "primeiro mapa no que se identifican a nivel peninsular as áreas con risco de radón", e nel se observa como Galicia é a autonomía máis exposta. 

En xeral, a parte occidental do Estado é a máis exposta ao radon, sendo especialmente significativa a exposición na zona noroccidental: practicamente toda Galicia, o oeste de Asturias e a parte máis occidental de Castela e León. Tamén se observan altos niveis en Estremadura, zonas do norte de Andalucía, serra de Madrid e puntos de Cataluña e Pirineos tamén son áreas con niveis superiores deste gas.

Segundo os científicos, "case todas estas zonas teñen en común que os seus chans desenvolvéronse a partir de formacións do dominio Hercínico, constituído, principalmente, por rocas precámbricas e paleozoicas".

O gas radon está orixinado pola desintegración do radio e do uranio, presentes nos chans. Por iso, os expertos sinalan que as concentracións máis elevadas do gas danse nos sotos e nas plantas baixas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

6 Anakiro

O gas radônio, nas concentrações naturais que emanam da terra, logo se dissipa, sendo pouco problemático. O grave problema é quando a minaria a céu aberto provoca emisões brutais, porque então o cancro é uma autêntica pandêmia. Concelhos como o Porrinho, As Pontes, ou Triacastela têm um número de casos de cancro muito acima da média. Um estudo da Universidade de Cantábria, que leva anos estudando as emisões da redônio na Galiza e os seus impactos na saúde, alarmava desse gravíssimo risco e relacionava a minaria a céu aberto com o número de casos de cancro. Evidentemente a publicação desse estudo foi vetada. PS: Na minha casa colaboramos com essa universidade tendo medidores de radônio durante anos.

5 MEULAR

Outros que só lle dan importancia ás cousas cando ven alguén de fóra a contalas.Entre nós contamos co LAR-USC (Laboratorio de Análises de Radiacións)que xa leva anos traballando neste grave problema para a saúde. http://fpsalmon.usc.es/lar/gal/publ...

1 Teugirijolo

Ui, si! Ese que se dedica a cobrar "ben barato" por poñerche un aparatiño na casa e dicirche: "Tes unha concentración de radón moi alta. Isto soluciónase ventilando ben a casa...".

2 eusi

É verdade Meular, eu xa coñecía alguns dos vosos estudos. Deixando aos "mentes madrileñas" aparte, este problema é demasiado serio e non se lle está a dar a importancia real que deberia de ter, nin polos afectados nin pola Administración competente (incompetente) que é a Xunta.

3 Teugirijolo

Unha importancia abismal! Como é unha cousa nova, que só se vén producindo duns anos para aquí... Veña, a traballar un pouco e ventilar ben a casa, e a cabeza... (E, se iso non chega, a vivir a outro lado)

4 gonzalezvillamarin

Agora xa sabemos o motivo de que a nosa terra siga sendo colonizada por o reino borbón: necesita a casa real dos españoles este gas porque non son da terra, sinon do ceo...intocables. Vede senon o rei borbón que teñen os españois de xefe de estado: é inimputable. Xa con iso o digo todo. Necesitan o gas radón pra vivir. E por iso en Galicia temos semellante colonialismo e quérennos deportar a todos os galegos, para salvarnos do radón e que o imperio español o leve todo para Madrid. Porca miseria!!!

3 DigoEu

Porca miseria. E porco electorado galego.

2 ssss

Xa temos o culpable de tódolos nosos males, non é como se podería pensar ,o PP, nin o PSOE, nin tan xiquera o BNG e moito menos a UPG, o cerne de todo esta no RADON, que débenos afectar e moito nas nosas neuronas cognitivas, xa temos novo lema; ¡¡¡NON AO RADON ¡¡¡, so fai falla buscar a mediciña pero iso xa e outro cantar