A covid non dá tregua, dez novos falecidos, tres deles en residencias

Xa son 1.659 os mortos desde o inicio da pandemia.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/01/2021 | Actualizada ás 21:26

Comparte esta noticia

Unha xornada máis a covid sen dar tregua nas UCI dos hospitais galegos. Desta volta, o Sergas informa da morte nas últimas 24 horas de dez novos pacientes, tres deles usuarios de residencias de anciáns. Todos eles tiñan patoloxías previas. Con estes son xa 1.659 os falecidos polo coronavirus desde que iniciou a pandemia.

Un traballador sanitario pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián dunha residencia
Un traballador sanitario pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián dunha residencia | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Nesta última xornada a zona houbo decesos en Vigo, A Coruña, Ferrol, Ourense, Carballo, Arzúa e Ribeira. Así, no Chuvi de Vigo morreu unha muller de 88 anos, mentres que no Chuac da Coruña, un home de 88 e unha muller de 80.

Tamén houbo dous falecidos no Chuf de Ferrol, dous homes de 72 e 69 anos e outros dous no Chuo de Ourense, tamén dous homes de 93 e 85 anos. 

En canto a centros sociosanitarios, a Xunta informa de tres mortes; a dunha muller de 84 anos na Residencia DomusVi de Carballo, a doutra muller de 79 anos na Residencia San José de Arzúa e tamén outra anciá de 84 anos na Residencia Integrada CEGADI que procedía da Residencia DomusVI de Ribeira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta