Investigado un octoxenario polo incendio de Chandrexa de Queixa do luns

O lume, causado por unha queima non autorizada, arrasou 18,5 hectáreas de monte raso e arboledo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/09/2025 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil de Pobra de Trives tomou declaración en calidade de investigado a un home octoxenario como presunto autor dun delito de incendio forestal por imprudencia.

O lume declarouse o pasado luns, 8 de setembro, en Casteloais, no municipio de Chandrexa de Queixa, un dos máis afectados os incendios este verán, e resultaron queimadas 18,5 hectáreas de monte raso e arboledo.

A investigación do SEPRONA puido determinar que o incendio se produciu debido a unha queima non autorizada na leira do investigado. Para a extinción das chamas mobilizáronse 4 helicópteros, 4 avionetas, 3 motobombas, 10 brigadas e efectivos da Garda Civil, segundo informou a Comandancia de Ourense.

Investigado un octoxenario polo incendio de Chandrexa de Queixa do 8 de setembro,  iniciado por unha queima non autorizada.. GARDA CIVIL
Investigado un octoxenario polo incendio de Chandrexa de Queixa do 8 de setembro, iniciado por unha queima non autorizada.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta