Falece Anxo Guerreiro, histórico líder comunista e un dos pais do Estatuto

'Geluco', como así o coñecían os seus amigos, foi un destacado activista contra a represión franquista e en 1981 converteuse no primeiro deputado comunista no Parlamento Galego.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 18/07/2013 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

A esquerda galega perde a un dos seus actores máis destacados das últimas catro décadas. O histórico líder comunista Anxo Guerreiro Carreiras, 'Geluco' (Xermade, Lugo, 28 de agosto de 1945) finou a pasada madrugada. Segundo fontes próximas ao histórico político consultadas por EP, Guerreiro estaba enfermo e, malia que "mellorara", o seu estado de saúde era "delicado".

Anxo Guerreiro
Anxo Guerreiro | Fonte: Hardebits

Guerreiro afiliouse ao Partido Comunista nos seus anos mozos, da man do histórico Rafael Bárez e de Arturo Reguera, cando foi estudar a Santiago de Compostela a carreira de Químicas. Alí, e inspirados polo maio do 68 francés, protagonizou xunto cos seus camaradas unha intensa vida política na clandestinidade e de resistencia contra a ditadura franquista que o levou ao cárcere da Coruña en tres ocasións.

A súa afouteza levouno a principios dos anos 70 a formar parte do comité central do Partido Comunista Galego e a converterse nun referente da loita antifranquista, tanto en Santiago, como tamén en Vigo e Ferrol, á fronte das protestas contra a represión.

Guerreiro pasaría logo a formar parte do comité central do Partido Comunista en Madrid e xa en 1979 foi elixido secretario xeral do Partido Comunista de Galicia, converténdose en 1981 no primeiro deputado comunista do Parlamento galego. 

Guerreiro formou parte tamén da comisión de 16 persoas que redactou o Estatuto de Autonomía galego, e posicionouse como partidario do eurocomunismo.

En 1986 fundou Esquerda Unida-Esquerda Galega, formación que abandonaría en 1997 tras atopar a oposición da dirección federal de Izquierda Unida e do seu líder, Julio Anguita, ao pacto de coalición cos socialistas para as eleccións autonómicas daquel ano. Guerreiro decidiu entón abandonar esta formación e fundar Esquerda de Galicia, á que representou na súa volta ao Parlamento galego; foi un dos deputados máis destacados e recoñecidos daquela lexislatura. Porén, no ano 2001 atopouse coa negativa dos socialistas para renovar o pacto de coalición e Guerreiro presentouse coa súa formación en solitario a aqueles comicios, nos que os malos resultados o levaron a dimitir do seu cargo e, posteriormente, a disolver Esquerda de Galicia en 2002.

Nos últimos anos, Anxo Guerreiro foi colaborador habitual de varios medios de comunicación como analista político. E foi un dos fundadores da asociación cultural Namentras no ano 2009.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

9 Akribéstaton

Foi acomodando-se ao sistema a medida que a direita maximizava as suas pretensões. Alguns dos meios com os que colaborou assiduamente no papel de "dissidente de serviço" são LVG e a TVG, nos que ser comunista fecha as portas que abre ser ex-comunista. A propósito, o nome "Namentras" (por que não "Namentres"?) é cópia do título da revista "Mientras tanto" (fundada em 1979 por M. Sacristán). O de "pai do Estatuto" fica ridículo (sugere uma mixórdia de "parto dos montes" e "a mãe que o pariu [ao estatuto]"): melhor redator ou ponente ou membro da comissão que redigiu o projeto de Estatuto.

1 Esmaga-cascudas

Porém ti, Pedrito Bravo, nom te acomodas ao sistema, simplesmente TRABALHAS PARA ELE, como bom funcionário "docente" cumpridor que és, termando bem da mocidade nas aulas, atordoando-a e moldando-a aos "requerimentos" do sistema. Para isso os teus amos (que som os mesmos da Gloria Lago) che pagam bem e che dam tantas férias. Todavia, eles deixariam-che fazer de "dissidente de serviço" mas ti nem pareces atingir aí ... ou será que bater o portunhol intestinal num computador é praticar a dissidência?

2 Akribéstaton

Tu sabes o meu nome e meu trabalho PORQUE O DISSE EU. Ou o que é o mesmo: eu não tenho qualquer problema para dizer o meu nome e onde moro e onde trabalho. Não se pode dizer o mesmo de ti, que mudas de sobrenome e de talante permanentemente (combinando vários ao mesmo tempo e nos mesmos lugares), chegando a usurpar o meu sobrenome e o meu nome. Não teria qualquer problema em che fazer engolir cada uma dessas palavras, mas que continues a repeti-las como um obsesso põe em evidência o traumatizado que ficaste. Ainda que não digo que não tenhas forma de aliviar-te... para intensificar o mesmo pruído.

3 Esmaga-cascudas

Pedrito, sim, já sabemos quem és, um INSTRUMENTO DO SISTEMA, pago por ele, embora gostes de imaginar-te nalgo nom ruim e nobre, do qual nom há mais evidência que as babas portunholas que escrevinhas no teu computador. Mas os teus actos e trajetória deixam claro que ti és uma peça fundamental do sistema. Anuncias-te com grande retórica pedante-intestinal por riva da mesma m~rda que tu próprio és. As palavras batidas no computador nom te elevam do estado de cascuda portunhola. E já agora, quando é que me vas fazer "engolir as minhas palavras", meirande cocksucker? Apresento-me em Arteixo quando queiras, Spanish cunt, vou-che aprender a jogar a bilharda decontado

4 Gloria Lago

no le hagas caso al loco ese, pedrito, y disfruta como yo de los tres meses de vacaciones del verano, que total nos pagan lo mismo y por lo menos dejamos los niños en paz. Lo importante es que nos mantengan (o suban) el sueldo y la pension, que para eso invertimos tantos años de esfuerzo y soledad en chapar las oposiciones. Al final, Pedrito, por mucho que hablemos tu o yo en un sentido o en otro, LOS DOS OBEDECEMOS AL MISMO AMO

8 Comunista (autentico)

Con Rafa Barez do millor que tiñan os reformistas do eurocomunismo español en Galiza. Este foi o uneco que lle facia ter a escasa representación por meritos propios e sen axudas de vendepatrias que tivo Izquierda Unida no mapa político galego.

1 A reformar

Por méritos propios indo na lista do PSOE. Se chega ter axuda imaxina sería como pouco comisario europeo.

7 Descanse en paz

Descanse en paz. Tamén hai que aclarar sen que fose culpa súa que foi o primeiro deputado comunista do parlamento galego porque os comunistas galegos non se podían presentar aínda as eleccións. Os comunistas españois si polo aval do PCE á monarquía bananeira da que agora di renegar.

6 A garota de Ipanema

Artigo de Pablo Vaamonde http://praza.com/opinion/1207/adeus...

5 un que sabe

Hay dous días tamén finou José Luís Muruzabal Arlegui, dirixente sindical na loita contra o franquismo e fundador do sindicalismo de clase e nacionalista. A anos luz dos sindicalistas de poltrona de hoxe. Un dos bos e xenerosos. Mágoa que Galicia Confidencial non se fixese eco da nova. http://www.laopinioncoruna.es/corun.... http://www.elidealgallego.com/artic.... http://www.elcorreogallego.es/terra.... http://www.radioobradoiro.com/porta.... http://es.wikipedia.org/wiki/Movimi.... http://deferrolparaelmundo.blogspot....