Feijóo sobre a obrigatoriedade de máscaras FFP2: "só pretendo abrir un debate en España"

"Pero non queremos formalizar o debate", aclara.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/01/2021 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aclarou este xoves que "só pretende abrir o debate en España" sobre a obrigatoriedade de levar máscaras FFP2, máis efectivas que as quirúrxicas para conter o virus, aínda que moito máis caras. 

Unha farmacéutica mostra unha máscara ffp2 na Farmacia CEA
Unha farmacéutica mostra unha máscara ffp2 na Farmacia CEA | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente galego dixo que coa súa proposta o que pretende é abrir un debate para saber onde se podería facer obrigatorio o seu uso e tamén para que se abarate o seu custo. "Pero non queremos formalizar o debate", engadiu.

Así, criticou o uso de máscaras que non están homologadas e que poden supoñer unha vía de contaxios da covid. "Hai máscaras de tela que poden ser moi bonitas pero non están homologadas e a máscara FFP2 é a de máxima protección", dixo.

Neste sentido, lembrou que en Alemaña consideran que "é bo usalas no transporte". "Pois, ben, aquí habería que ver onde se poden usar", engadiu. En todo caso, aclarou que "non pretende ir máis alá" con este debate e que só o puxo enriba da mesa ante a "virulencia" das novas cepas do virus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta