Os tráxicos datos da terceira onda: 130 mortos comunicados en cinco días

O luns 27, o martes, 10, o mércores 29, o xoves, 30, e este venres, 34. A Xunta leva toda esta semana informando de falecidos en varios días e non, como fai habitualmente, nos das últimas 24 horas. A razón, a gran cantidade de falecidos que se estánr existrando

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2021 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

A terceira onda está sendo, con diferencia, a de maior virulencia en Galicia. As vítimas da pandemia en Galicia elévanse xa a 1.752 tras informar o Sergas de 34 novos falecementos con COVID-19 que se rexistraron desde o pasado 27 de xaneiro. Todos eles presentaban patoloxías previas. En total, desde o pasado luns comunicáronse 130 falecidos.

Esta cifra é a segunda máis alta comunicada en toda a pandemia na Comunidade galega. En concreto, o día 3 de abril Sanidade informou de 27 falecementos, un dato que se igualou esta mesma semana con 27 casos comunicados este luns e superado este mércores, cando transcenderon 29 novas vítimas, e posteriormente este xoves (con 30).

O pasado 1 de abril o departamento autonómico informou de 36 mortes, tamén correspondentes a varios días tras corroborar que se trataban de casos con covid, a cifra máis elevada de toda a crise sanitaria.

Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con covid-19. Foto de arquivo.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con covid-19. Foto de arquivo.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Así, e segundo os novos datos do Sergas, o día 27 de xaneiro faleceu unha muller de 90 anos no Complexo Hospitalario da Coruña e outra de 93 que se atopaba na Paz e Ben de Tui.

Doutra banda, o xoves 28, faleceron dous homes de 63 e 80 anos, respectivamente, e tres mulleres de 88, 90 e 78 anos en Complexo Hospitalario de Vigo; dous homes de 79 e 90 anos e catro mulleres, de 72, 87, 83 e 89 anos, no Chuac; dúas mulleres de 88 89 anos no Complexo Hospitalario de Santiago, esta última da residencia de maiores de Ribeira; un home de 98 anos no Hospital Comarcal de Verín e que procedía da residencia Santa María.

A mesma xornada tense constancia dun home de 78 anos no Complexo Hospitalario de Ferrol, unha muller de 90 no mesmo centro pero que procedía da residencia A miña Casa; unha muller de 83 e un home de 92 no CHOP; un home de 61 no seu domicilio en Ponte Caldelas; e unha muller de 67 na residencia San Lázaro e San Sebastián de Ribadeo.

O resto de casos, 12, todos este mesmo venres, son unha muller de 61 anos e outra de 84 no Chuvi, a primeira da residencia Casa A Nosa Señora de Fátima e Cristo Rei de Crecente; un home de 96 no CHUP; unha muller de 85 no Chuac; un home de 64 no CHUS; unha muller de 86 no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee; unha muller de 94 no CHUO e que procedía do Fogar Residencial Branco Amor de Boborás; unha muller de 55 anos da Residencia de gravemente afectados Pai Menni de Betanzos; unha muller de 92 no HULA; dous homes de 77 e 84 na DomusVi de Carballo e un de 91 na residencia Virxe da Clamadoira de Muiños.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta