As UCI galegas rexistran o maior número de ingresos en toda a pandemia

O número de críticos ascende xa a 228, con 18 novos ingresos. O Sergas cualifica a situación de "preocupante".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/01/2021 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

A ocupación das UCI dos hospitais galegos continúa en aumento e son xa 228 as persoas con covid-19 que precisan coidados intensivos, 18 máis que hai 24 horas, período no cal se detectaron outros 1.500 contaxios de coronavirus, 1.259 a través de positivo en proba PCR. Así se desprende da actualización dos datos da pandemia publicados pola Consellería de Sanidade con información solicitada ata as 18,00 horas do venres 29 de xaneiro.

Persoal de enfermaría nunha UCI
Persoal de enfermaría nunha UCI | Fonte: US.

Ata ese momento, durante as 24 horas anteriores, Sanidade descubrira 1.492 contaxios de covid-19 a través de calquera tipo de proba diagnóstica. Os postivos por PCR foron un total de 1.259 das 13.890 probas practicadas, o que supón unha positividade do 9,4%, de novo dobrando o limiar que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

Pero o foco continúa na situación nos hospitais, onde este sábado baixa o total de ingresados aínda que en aumenta, practicamente nos mesmos termos, o número de pacientes que necesitan coidados intensivos.

Así, as áreas sanitarias notificaron un total de 1.312 persoas con diagnóstico covid-19 ingresadas, o que supón 19 menos que 24 horas antes. Con todo, a UCI acollen a 18 persoas máis respecto ao día anterior e marcan novo teito da pandemia con 228.

Na análise por distritos, A Coruña-Cee mantense á fronte en número de ingresados cun total de 392 (+2), dos cales 79 precisan coidados intensivo, 10 máis que na xornada anterior.

En Vigo son 174 (-13) as persoas con covid hospitalizadas, 21 en UCI (-2).

Ás dúas zonas de influencia das grandes urbes galegas séguelle a área de Ourense-Verín-O Barco, con 182 ingresados (-8), 14 en críticos (+2); e Santiago-Barbanza, en cuxos centros sanitarios se atende a 174 pacientes covid-19 (-2), 40 deles en UCI (sen cambios).

A continuación atópase Pontevedra-Salnés, que acolle a 141 persoas (-3) nas súas unidades de hospitalización, 29 (+1) en críticos; Ferrol, onde hai 174 pacientes (-1) covid-19 ingresados, 24 na UCI (-1); e Lugo, a única por baixo da centena de hospitalizados, aínda que soben ata os 78 (+6), con 21 deles en UCI (+5).

CONTAXIOS DETECTADOS

O novo aumento de pacientes que terminan en UCI prodúcese noutra xornada na que os servizos sanitarios detectaron outros 1.500 contaxios. Foron, en concreto, 1.492 as persoas con covid-19 diagnosticadas por calquera tipo de proba, 1.259 delas por positivo nas 13.890 PCR practicadas durante a xornada (1.379.979 no que vai de pandemia).

O 9,4% de probas PCR positivas sitúa Galicia de novo por enriba do limiar do 5% de taxa de positividad que marca a OMS para dar por controlada a pandemia, unha marca da que Galicia non baixa desde o 24 de decembro. Ferrol co 15,8% tivo a taxa máis alta e só Santiago, co 6,2%, achegouse ao baremo da OMS.

Por áreas, todos os distritos sanitarios detectaron contaxios por enriba da centena. A que máis achegou ao cómputo galego foi, outra xornada máis, A Coruña-Cee con 320 casos, seguida de Santiago con 266, Vigo con 251 e Pontevedra, con 208. Por baixo dos 200 quedaron Lugo, con 179, Ourense, con 136, e, finalmente, Ferrol, onde foron detectados 132 contagios.

CASOS ACTIVOS

Ademais, como ocorre desde hai dúas semanas, Galicia eleva de novo o teito ata o momento de casos activos cos 22.511 deste sábado, 387 máis que na xornada anterior. Case 6.000 deles están na área da Coruña-Cee, que con 5.984 casos activos (+72) ten máis dos que había en toda Galicia a 1 de xaneiro.

O distrito sanitario da outra gran cidade galega, Vigo, é o segundo en número de activos con 3.846 (+47). Séguelle Santiago, que contabiliza 3.445, 72 menos que na xornada anterior.

Tras elas atópase Ourense, ao bordo dos 3.000 cos 2.963 casos activos deste sábado, aínda que baixan tamén respecto das cifras do día previo (-26). En Pontevedra hai 2.365 (+119, máximo incremento de todas lás áreas), mentres que en Lugo son 2.121 (+112) e en Ferrol, 1.787.

ALTAS, CASOS E FALECIDOS

Así as cousas, en Galicia contaxiáronse de coronavirus 95.781 persoas desde o principio da pandemia. A área da Coruña-Cee foi a máis afectada, cun total de 21.966 diagnosticados, seguida de Vigo (18.355), Santiago-Barbanza (15.699), Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras (13.013), Lugo-A Mariña-Monforte (10.116), Pontevedra-O Salnés (10.125) e Ferrol (6.507).

Do total de persoas afectadas pola covid-19 curáronse 71.531 --1.072 nas últimas 24 horas--, mentres que a cifra de falecidos alcanza xa os 1.752 tras 34 novos falecidos con COVID-19 nas últimas horas, a segunda cifra máis elevada da pandemia.

SITUACIÓN "PREOCUPANTE"

O xerente do Sergas, José Flores, admite a situación "preocupante" pola incidencia da Covid-19 e o aumento da presión hospitalaria, aínda que afirma que Galicia ten aínda "capacidade de crecemento" para atender a pacientes críticos, cifrando nunhas 785 as camas que se poderían usar entre hospitais públicos e privados.

"Preocúpanos en xeral a ocupación hospitalaria", afirma o xerente do Sergas ao ser preguntado sobre a situación nas unidades de coidados intensivos (UCI). Sobre as áreas sanitarias, alude, en particular, á da Coruña. "Quizais a máis comprometida", apostila.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta