Concello de Santiago e Cruz Vermella lanzan un "programa piloto" de urxencias sociais os 365 días do ano as 24 horas do día

Por E.P. | Santiago de Compostela | 30/01/2021 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago, en colaboración coa Cruz Vermella, lanzará este ano un novo servizo municipal de urxencias sociais como un "programa piloto" de atención a persoas en situación de vulnerabilidade que operará "os 365 días do ano as 24 horas do día".

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo | Fonte: Concello de Santiago de Compostela

Así o anunciou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, durante o pleno de debate sobre o estado do concello celebrado na mañá deste sábado. Esta nova prestación prevé configurarse como un "servizo básico en calquera momento" para atender situacións "que requiran inmediatez".

O rexedor explicou que será "complementario" a outros servizos municipais naqueles horarios nos que estes "non estean operativos". En concreto, será unha prestación presencial de 15,00 a 23,00 horas e telemática o resto do tempo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta